O SAN LORENZO PROCLÁMASE CAMPIÓN DA LIGA DA COSTA A FALLA DE DUAS XORNADAS PARA O FINAL DA LIGA.

 

Tal e como apuntábamos na previa da xornada se o San Lorenzo vencía ao Coristanco e o Corme non era quen de derrotar ao Cee, os de Verdillo convertiríanse en campións de liga a falla de duas xornadas para o remate da mesma. Así foi os verdilleses derrotaban aos coristanqueses por 2-0 e os cormeláns caían ante os ceenses por 4-2.

Por abaixo e ainda que quedan 6 puntos por loitar, Cerqueda e Oza, xa son equipos de 3ª da Costa, e con toda probabilidade o Corcubión tamén e o Volantes está co lazo o pescozo, pois de seguro que haberá arrastres e máis de un, incluso e segundo os resultados das duas xornadas que quedan, hai 7 equipos en 4 puntos, e deles 6 en dous. O que fagan Muxía, (que sube a segunda praza), e Corme, na Fase de ascenso a 1ª Galicia, será crucial para que non haxa unha cascada de arrastres, pois as cousas na 1ª Galicia non son nada doadas para 3 dos 6 equiops que temos, así como que o Fisterra caerá a 1ª Galicia.

 

O San Lorenzo otea un novo horizonte.

 

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o SD San Lorenzo, xogadores, diretivos, axudantes do clube, técnicos e afeccionados, en especial a Dani Casal, colaborador da nosa web cos comentarios dos encontros do seu equipo. O ex do RC Deportivo na base levou aos de Verdillo a voltar a 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, nunha soa tempada dirixindo o equipo.

 

 

 

-Foto : SD San Lorenzo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”