O SAN LORENZO LÉVASE O TRUNFO ANTE O MAZARICOS “IN EXTREMIS”, (2-1) NO ENCONTRO APRAZADO DA 5ª XORNADA DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS/A COSTA GRUPO 1, (PREVIA 7ª XORNADA).

DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS DA COSTA

O San Lorenzo salva a papeleta ante o Mazaricos, “in extremis”.

 

San Lorenzo SD 2-1 Mazaricos CF

Soubo nadar mellor o equipo de Berdillo ante o Mazaricos no treito final do encontro, que gañaban os mazariquenses por 0-1 dende o minuto 42, cun tanto de Alvite. O treito final do choque volveuse máis tenso e con maior contacto e conseguían empatar os berdilleses no 82 con gol de Carlos. Pouco despois, no 88, os de Mazaricos quedaban con un menos por expulsión con vermello direto de Pedro Castro. Non desaproveitaban os da parroquia carballesa a superioridade e conseguín darlle a volta o marcador no tempo de desconto, cun tanto de Mazza.

Encontro suspendido da 5ª xornada por positivos en COVID-19. Con este trunfo o San Lorenzo suma 13 puntos, e recupera o liderato, que ostentaba, cun encontro máis e con 11 puntos o Ponteceso. Pola sua banda o Mazaricos segue na 10ª praza con 4 puntos.

 

7ª Xornada

(Domingo 09/01/2022)

 CD Razo – Mazaricos CF, ás 11:00 horas

Cabana SD – SD Corcoesto, ás 10:00 horas

San Lorenzo SD – Sporting Zas, ás 10:30 horas

ACD San Ramón Veteranos – ACD San Román, ás 10:00 horas

Coristanco – Arasolis FC , ás 10:00 horas

SD Porteño Veteranos – Castríz SD, ás 10:00 horas

CF Dumbría ADC De Veteranos de Ponteceso, ás 10:00 horas

 

 

-Fotos : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies