O SABÍAS QUE?…DO NOSO RIVAL DA 9ª XORNADA DA 1ª RFEF : REAL RACING CLUB DE SANTANDER.

 

Nova entrega do “Sabías que?…”, na que vos desvelamos un pouco cousas do noso rival da fin de semana. Nesta ocasión o Depor visita este Domingo ao Real Racing Club de Santander.

 

Sabías que?…

-O Real Racing Club de Santander, (coñecido co alcume de “Racing de Santander”), é da poboación de Santander, (pertencente Comunidade Cántabra), e que conta con 171.951 habitantes (INE 2017), a cidade e unha área metropolitana de en torno aos 300.000, sendo a localidade con máis habitantes da comunidade e a sua capital.

-Foi fundado no 23 de Febreiro de 1913, e no 1929 converteuse nun dos dez equipos participantes na edición inaugural da Primeira División de España. Foi o primeiro participante en competicións europeas o non querer ir o Atlhetic Club de Bilbao por temas políticos e ser o subcampión da liga. Suma un total de 44 participacións en 1ª División.

-Ten polo tanto 108 anos.

-Disputa os seus encontros no,Campos de Sport de El Sardinero“, campo de herba natural, con capacidade para 22.222 espectadores. O campo no que comezou a xogar tiña o mesmo nome e o facer este, (1988), preto de onde estaba o outro puxéronlle o mesmo nome. Ten unhas medidas de 105 x 68, as mesmas que Riazor.

-A sua primeira equipación consta de, camiseta branca con mangas negras, pantalón negro e medias verdes. Nos seus comezos xogaba de vermello e branco, moi parecido o Arsenal. Foi o primeiro equipo en España en portar publicidade na sua camiseta, foi no 1981 e a publicidade era “Teka”.

-Esta é a 7ª experienza na 3ª categoría do fútbol español, (no formato 2ª B e 1ª RFEF). Pero conta con 44 participacións na 1ª División e e unha participación na Copa da UEFA, ademáis subcampionato de 1ª e semifinalista en duas copas do rei . 

-O seu adestrador é : Guillermo Fernández Romo (Madrid, 23 de novembro de 1978), que xa estivo no 2018 como director do fútbol base no clube cántabro, de onde se foi como adestrador ao SD Ejea e o UE Cornellá, do que retornou esta tempada o clube cántabro. Coñecido en Galicia polo seu paso antre o 2006 e o 2009 nos xuvenís do Vigo e o Pontevedra B.

-O clube : O presidente actual do club desde a tempada 2018/2019, é Alfredo Pérez Fernández, empresario da localidade cántabra de Torrelavega. Presidente do Grupo Pitma, propieterio do clube.

-O Detalle : Dous dos xogadores máis grandes da sua historia foron xogadores tamén do Depor, Amavisca e Pedro Munitis, e unha das suas mellores ventas dos derradeiros anos, Canales, pertencía nun 50% o clube deportivista cando foi vendido o Real Madrid. Actualmente xoga no Betis. 

-O seu xogador máis valorado según Trademark é…o centrocampista da canteira Pablo Torre, (18 anos), valorado en 500.000 euros, mesmo prezo no que valoran o dianteiro nixeriano, Cedric Omoigui. 

Clasificación e rendemento : 3º posto con 16 puntos de 5 encontros gañados, 1 empatado e 2 perdidos, con 12 goles a favor e 5 en contra.

-Os seus derradeiros 5 resultados :

Vigo B 2-1 Racing de Santander

Racing de Santander 2-0 DUX Internacional

Ferrol 1-1 Racing de Santander

Racing de Santander 1-0 CD Calahorra

CD Badajoz 0-1 Racing de Santander

-O esquema que utilizou no seu derradeiro encontro no choque ante o CD Badajóz que acabou gañando pola mínima, (0-1), foi un, 4-3-3.

-Cando xogamos contra eles : Farémolo na 9ª xornada da 1ª RFEF o Domingo 23 de Outubro ás 12:00 horas, (10:00 GMT).

-Precedentes : Resultados dos derradeiros 3 enfrontamentos no “El Sardinero” : 1-1 na 2019/20; 1-0 na 2010/11; 0-1 na 209/10.

 

-A foto usada na montaxe é de Google

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies