O SABÍAS QUE…?..DO NOSO RIVAL DA 8ª XORNADA DA 1ª RFEF : UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES.

 

Nova entrega do “Sabías que?…”, na que vos desvelamos un pouco cousas do noso rival da fin de semana. Nesta ocasión o Depor recibe este sábado ao UD San Sebastián de los Reyes.

 

Sabías que?…

-O UD San Sebastián de los Reyes, (coñecido co alcume de “Sanse”), é da poboación do mesmo nome,pertencente Comunidade Madrileña, 19 kms ao norte de Madrid, pegado a Alcobendas, e que conta con 91.224 habitantes (INE 2020).

-Foi fundado no 1971, e ascendeu por primeira vez a 2ª B na tempada 1985/86. Na 20019/20 non baixou a 3ª División gracias a que polo COVID-19 anuláronse os dencesos. O seu presidente na tempada pasada trocou todo o equipo menos 2 xogadores e consigueu xogar un “Play-Off” a 2ª División na sua historia, tras quedar 1ª na 1ª Fase das liguiñas e 2º na segunda. Logo non acadaría o ascenso o caer por 1-3 ante o Algeciras CF.

-Ten polo tanto 50 anos.

-Disputa os seus encontros no “Estadio Municipal Novo Matapiñonera”, un campo de herba natural, con capacidade para 3.000 espectadores . O primeiro campo do equipo foi o “Campo de Deportes da VDE San Sebastián de los Reyes”, máis coñecido como “Matapiñoneras”, e o novo estadio ocupa a localización do anterior xa que este foi demolido por completo, para facer unha zona comercial.. 

-A sua primeira equipación consta de,camiseta branca con franxa horizontal vermella, pantalón e medias a raias brancas e vermellas.

-Esta é a 21ª experienza na 3ª categoría do fútbol español, (20 en 2ª División B). 

-O seu adestrador é Marcos Jiménez, (Madrid, 14/101976), chegou o ano pasado trala restructuración total do equipo e consigue metelo nos 2Play-Off” por diante dos grandes equipos da categoría na Comunidade Madrileña, coma o Castilla, DUX, ou Majadahonda. Foi adestrador das seleccións de base do Real Madrid, e en adultos comezou no Trival Valderas de Alcorcón, (o que levou dende rexional ata 2ª B), e do DUX Internacional,. 

-O clube :O presidente actual do club desde a tempada 2014/2015 Miguel Espinosa, empresario coñecido que encabeza un proxecto ambicioso, desde a canteira ao primeiro equipo, e cuxos resultados son máis que plausibles. Mantense como Presidente de Honra, o histórico José Luis da Fouce Pereira, presidente durante máis de dez tempadas durante as cales o equipo ascendeu desde a Terceira Rexional ata a Segunda División ” B”, (Wikipedia).

-O seu xogador máis valorado según Trademark é…o extremo esquerdo Borja Martínez chegado do Hércules CF este mesmo ano, valorado en 300.000 euros. 

-Os seus resultados :

Sanse 1-0 Extremadura

Talavera 2-0 Sanse

Sanse 2-1 Majadahonda

Valladolid Promesas 2-2 Sanse

Sanse 2-1 Tudelano

UD Logroñés 1-0 Sanse

Sanse 1-0 DUX

-O seu esquema no seu derradeiro encontro no derbi ante o DUX Internacional que acabou gañando pola mínima foi un, 4-2-3-1.

-Cando xogamos contra eles : Farémolo na 8ª xornada da 1ª RFEF o sábado 16 de Outubro ás 19:00 horas, (17:00 GMT), co aforo completo permitido en Riazor.

-Precedentes : Non hai enfrontamentos precedentes. 

 

-A foto usada na montaxe é do Sanse

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies