O SABÍAS QUE?… DO NOSO RIVAL DA 6ª XORNADA : SD LOGROÑÉS.

 

Nova entraga do “Sabías que?…”, na que vos desvelamos un pouco cousas do noso rival da fin de semana. Nesta ocasión o Depor recibe este venres ao SD Logroñés.

 

Sabías que?…

-O SD Logroñés, é de Logroño, (La Rioja), que conta con 151.136 habitantes (INE 2019), sendo a capital da provincia rioxana, que ten, 319.414, (INE 2019). Estas terras están vinculadas con Galicia polo Camiño de Santiago, que atravesa toda a ciomunidade de camiño as terras galegas.

-Foi fundado o 4 de Xuño do 2009​, por varios socios do desaparecido polas deudas CD Logroñés, na tempada 2008/09. Os propios socios que acudían o “Las Gaunas”, tras varias xuntanzas fixeron unha plataforma chamada “Puerta 0”, pola que entraban os precursores da idea. O primeiro tiñan as suas oficinas nun centro comercial de Logroño.

-Ten polo tanto 12 anos.

-Disputa os seus encontros no “Estadio Mundial 82”, comezou xogando no “Las Gaunas” do extinto, CD Logroñés, pero o concello puxo a concurso este campo e foi o UD Logroñés, o que se quedou co estadio, volvendo estes o “Mundial 82”, con capacidade para 4.000 afeccionados e céspede natural. 

-A sua primeira equipación é camiseta blanquirroxa, pantalón negro e medias negras. A mesma que tiña o CD Logroñés.

-Esta é a sua terceira experienza na 3ª categoría do fútbol español, (2 en 2ª División B). O seu ascenso de Rexional foi meteórico gañando 39 dos 40 encontros. Logo pasoua maioría dos anos da sua existencia na 3ª División, ascendendo a 2ª B na tempada 2011/12, permanencendo durante dous anos da categoría de plata a que volveu tralo parón polo COVID-19, cando estaba de primeiro do seu grupo na 3ª.

-O seu adestrador é Raúl Llona, (Logroño, 3 /091976), un home da casa que foi xogador do CD Logroñés dende a canteira ata o primeiro equipo, do que se marchou na 1996/97, para voltar na 200/01, volver a marchar e voltar no 2004 e retirarse nén no 2007. Como adestradpor comezou no rival do UD Logroñés, na 2013/14, para a tempada seguinte recalar pro primeira vez na SD Logroñes, estando durante 2 anos, para logo recalar no Anguiano, San Ignacio, e Alavés B, e voltar esta tempada ao SD Logroñés.

-O clube é xestionado democraticamente polos socios, co sistema de, “un socio, un voto”, ao igual co Unionistas de Salamanca CF.

-O seu xogador máis valorado é o dianteiro chegado do Racing de Santander, Jon Ander Pérez, xunto co central cedido polo Sporting de Xixón, Pelayo Suárez. 

-Os seus resultados :

SD Logroñés 1-1 Valladolid Promesas

Extremadura 0-0 SD Logroñés

SD Logroñés 3-0 Tudelano

Majadahonda 1-0 SD Logroñés

SD Logroñés 3-2 Talavera

 

-A sua derradeira aliñación foi : Lario, (p), Llácer, Ozerinjauregi, Pelayo e Cubero en defensa, (esq-der); Lozano e Arnedo, no medio do campo, (esq-der); Esteban, Calderón e Sandoval; por diante dos centrocampistas, (esq-der), e en punta, Mario Soberón. 

-O seu esquema na casa ante o Talavera, (3-2), foi un, 4-2-3-1.

-Cando xogamos contra eles : Farémolo na 6ª xornada da 1ª RFEF o venres 01 de Outubro ás 21:00 horas, (19:00 GMT).

-Precedentes : Non hai enfrontamentos precedentes. 

 

-A foto da montaxe é do RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia