O SABÍAS QUE?… DO NOSO RIVAL DA 5ª XORNADA : UNIONISTAS DE SALAMANCA CF.

 

Recuperamos da nosa antiga web a sección do “Sabías que?…”, na que vos desvelamos un pouco cousas do noso rival da fin de semana. Nesta ocasión o Depor visita ao Unionistas de Salamanca CF.

 

Sabías que?…

-O Unionistas de Salamanca CF, é de Salamanca, que conta con 144.826 habitantes, (ONE 2017), sendo a capital da provincia do mesmo nome, que ten 203.999, (INE 2017).

-Foi fundado o 26 de agosto de 2013​ por varios membros da Plataforma de Afeccionados Unionistas e outros seguidores e afeccionados da Unión Deportiva Salamanca como homenaxe ao devandito equipo,3​ despois de que este desaparecese o 18 de xuño dese mesmo ano.

-Ten polo tanto 8 anos.

-Disputa os seus encontros no “Reina Sofía”, de céspede sintético con capacidade para 4.985 espectadores, que se comezou a construir no 2019 e que tiña un prazo de execución de 6 meses. O non cumprir os prazos a empresa adxudicataria o concello salmantino rompeu o contrato e adxudicou de novo as obras. O ano pasado o Depor xa xogou co campo ainda en obras, e este ano parece que están as portas de concluirse, faltan pequenos detalles, pero xa conta cas gradas con asentos. A sua superficie de xogo é de 105 x 68. Nos seus comezos xogou nos campos municipais, “Rosa Colorado”, (“La Sindical”), e no Ciudad de Salamanca, (“Las Pistas”), a carón do “Helmántico”.

-A sua primeira equipación é camiseta con metade diagonal dereita negra, e metade diagonal esquerda branca, pantalón negro, medias brancas con franxas horizontais negras. Foi elixida por votación dos socios con máis do 61% dos votos.

-Leva 3 tempadas consecutivas na 2ª División B e fíxose famoso ao acadar os Dazaseisavos de Final da Copa do Rei nas que se enfrontou ao Real Madrid, plantándolle cara, (1-3). O ano pasado eliminou ao Depor da Copa  do Rei na segunda eliminatoria, tras empatar a uns no encontro pasaron os salmantinos nos penaltis tralo lanzamento de 16 penas máximas, co resultado de 8-7.

-O seu adestrador é Dani Mori, (Cangas de Onís-Asturias, 19/09/1976), que chegou ao equipo salmantino tras nas duas tempadas anteriores militar no UD Langreo e CD Mérida.

-O clube é xestionado democraticamente polos socios, co sistema de, “un socio, un voto”.

-O seu xogador máis valorado é o recén incorporado, Mandi, centrocampista de 32 anos, que chegou libre esta mesma semana. Síguelle en valor de mercado o xove meta francés de 21 anos, Florentín Blonch, ex do Tolouse. 

-Os seus resultados : Derrotou o Ferrol na 1ª xda por 0-1, na 2ª empatou na casa contra a Cultural Leonesa, (2-2), na 3ª, goleou por 3-0 o Extremadura, e na cuarta derrotou por 0-1 ao filial do Atlhetic Club, (0-1). Ocupa a segunda praza tralo Depor con 2 puntos menos e sen coñecer a derrota.

-A sua derradeira aliñación foi : De la Cruz, (p), Salinas, Román, Mayor, e Marín, en defensa; Nespral e Acosta, no medio do campo; Rayco de extremo dereito, Múñoz, no esquerdo, e en punta, De la Nava. 

-O seu esquema en Bilbaos foi un, 4-2-3-1.

-Cando xogamos contra eles : Farémoño na 5ª xornada da 1ª RFEF o Domingo 26 de Setembro ás 12:00 horas, (10:00 GMT). 

 

-A foto da montaxe é do RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia