O SABÍAS QUE…? : DO NOSO RIVAL DA 3ª XORNADA DA 1ª RFEF : CD CALAHORRA.

 

Seguimos cas entregas da nosa antiga sección do “Sabias que?…”, na que vos desvelamos un pouco cousas do noso rival da fin de semana, neste caso o CD Calahorra.

Sabías que?…

-O CD Calahorra é da localidade rioxana de Calahorra, segundo municipio máis habitado con 24.531 habitantes, (ONE 2020), trala capital, Logroño. Atópase na Rioxa Baixa.

-O fútbol en Calahorra remóntase o ano 1923, pero tras ter equipos como a Sociedad Cultural Deportiva e dez anos despois o Calahorra FC, foi no 1946 cando se fundou o actual CD Calahorra.

-Ten polo tanto 75 anos.

-Disputa os seus encontros no “Estadio La Planilla”, que se construíu no ano 1946 e ten un aforo de 4.500 espectadores sentados. Para partidos de ascenso adóitanse poñer bancadas supletorias na zona do fondo sur, onde non hai bancada. Unha nota curiosa é que os asentos azuis do campo foron unha doazón da Real Sociedad de cando remodelou Anoeta, e fai pouco fíxolles chegar outra partida deles.

-A sua primeira equipación é camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas e azuis. A segunda e a inversa, a camiseta azul, pantalón vermello…

-Xogou na 3ª categoría do fútbol español, 12 veces. Na tempada 2017/18, tras 14 anos en Terceira División, (agora 3ª RFEF, e 5ª categoría do fútbol español), volveu a esta categoría. Polo tanto esta é a sua 4ª tempada consecutiva.

-O seu adestrador é Eduardo Docampo, (Bilbao, 26/05/1974), foi adestrador de base no Atletic Club, do que se foi ao equipo xuvenil do Rubin Kazan ruso no 2012, estando nesa faceta ata o 2017, e pasaría a ser 2º adestrador do primeiro equipo no 2019. Tamén adestrou o FC Ufa ruso na mesma faceta de seg7undo. Re calou esta tempada no equipo calahorrano.  

-Conta nas suas filas co ex do Pontevedra CF, o defensa Eneko Zabaleta, coñecido do fútbol galego. No primeiro encon tro xogou baixo paus Julio Irizibar, (27 anos), pero este ano ficho o meta  Miguel Martínez de 39 anos, o avó do equipo. 

-Na 2º xornada caeu no Cerro del Espino ante o Rayo Majadahonda por 2-1, nun choque no que comezaron perdendo dende o minuto 4, fixo o 3-0 o equipo castelán no 71 e o gol dos calahorranos chegou no 89 en propia porta. Suma 1 pun to do empate acadado na 1ª xornada na que recibeu o UD Logroñés, (0-0). 

-A sua derradeira aliñación foi : Iricibar, (p), Zabaleta-Fernández-Ugarte-Rodríguez; Álvarez-Aguado; Soto-Ramírez-Vicente; Yurrebaso.

-O seu esquema no Cerro del Espino foi un :  4-2-3-1.

-Cando xogamos contra eles : Farémolo na 3ª xornada da 1ª RFEF o Sábado 11 de Setembro ás 17:00 horas, (15:00 GMT). 

 

-As fotos da montaxe son de Google Images, YouTube e CD Calahorra.

-Texto : piratasdemuxia