O SABÍAS QUE DO NOSO RIVAL DA 2ª XORNADA DA 1ª RFEF : CD TUDELA.

 

Recuperamos da nosa antiga web a sección do “Sanias que?…”, na que vos desvelamos un pouco cousas do noso rival da fin de semana. Nesta ocasión o Depor visita ao CD Tudelano. 

 

Sabías que?…

-O CD Tudelano é da localidade navarresa de Tudela, segundo municipio máis habitado con 37.042 habitantes, (ONE 2020).

-No ano 1933, Tudela contaba con varios equipos de fútbol de penas como “O Vegetariano”, “Tudela C. F.”, “ Ancora Fordín”, “Arenas”, Gazte- tasun” ou “ Muskaria Club”. Moitos deses equipos, non todos, en 1935 decidiron fusionarse e xorde así a sociedade coñecida como Club Deportivo Tudelano, (29/11/1935).

-Ten polo tanto 85 anos.

-Disputa os seus encontros no “Municipal Ciudad de Tudela” con capacidade para 11.000 espectadores, inaugurado un 17 de Agosto de 1969, (52 anos).

-A sua primeira equipación é branca e negra, pantalón negro, medias brancas. A segunda consta de camiseta negra e azul, pantalón negro, medias negras.

-Xogou 3 tempadas na 2ª División B e acadou a permanenza nesta 1ª RFEF, quedando primeiros de grupo na 1ª Fasee 5º na segunda.

-O seu adestrador é Javier Olaizola, (San Sebastian, 28/11/1969), que curiosamente cumpre anos un día antes co estadio no que imparte materia futbolística. Foi xogador do SD Eibar en duas tempadas, do Real Burgos e do RCD Mallorca, e como adestrador dirixeu dende o 2014, (por órde), a : RCD Mallorca, (e o seu filial), Atlético Levante e CD Arenas. O CD Tudelano chegou esta tempada, polo tanto é debutante.

-O clube ten un convenio de colaboración co Athletic Club, que ampliaron este mesmo ano por seis tempadas máis, ata 2027.

-O seu xogador máis valorado é o meta mexicano de 24 anos e 1´86 m de altura, Alejandro Arana, chegado esta mesma tempada do Atlético Morelia mexicano, pero o titular no primeiro encontro foi o arxentino Fernando Pellegrino, tamén fichado este ano, ao igual co outro meta que ten en plantilla, o logroñés, Nacho Zabal.

-Na 1º xornada caeu no Sardinero ante o Racing de Santander cun tanto no derradeiro suspiro de encontro e sen merecelo, (1-0).

-A sua derradeira aliñación foi : Alejandro Pellegrino, (p), Fernando Delgado, (capitán), Álvaro Delgado, Lucas Aveldaño, e Jesús Avedilla en defensa; Gualda, González e Ribeiro, en rombo no medio do campo; Yasín Irribarren de extremo dereito, Santi Samanés, no esquerdo e en punta, Pablo Caballero. 

-O seu esquema no Sardinero foi ofensivo cin 4-3-3.

-Cando xogamos contra eles : Farémoño na 2ª xornada da 1ª RFEF o Domingo 5 de Setembro ás 17:00 horas, (15:00 GMT). 

-As fotos da montaxe son de Google Images, YouTube e CD Tudelano.

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies