Nova entrega do “Sabías que?…”, na que vos desvelamos un pouco cousas do noso rival da fin de semana. Nesta ocasión o Depor recibe este sábado ao UD San Sebastián de los Reyes.
Sabías que?…
-O UD San Sebastián de los Reyes, (coñecido co alcume de “Sanse”), é da poboación do mesmo nome, pertencente Comunidade Madrileña, 19 kms ao norte de Madrid, pegado a Alcobendas, e que conta con 91.224 habitantes (INE 2020).
-Foi fundado no 1971, e ascendeu por primeira vez a 2ª B na tempada 1985/86. Na 20019/20 non baixou a 3ª División gracias a que polo COVID-19 anuláronse os dencesos. O seu presidente na tempada pasada trocou todo o equipo menos 2 xogadores e consigueu xogar un “Play-Off” a 2ª División na sua historia, tras quedar 1ª na 1ª Fase das liguiñas e 2º na segunda. Logo non acadaría o ascenso o caer por 1-3 ante o Algeciras CF.
-Ten polo tanto 50 anos.
-Disputa os seus encontros no “Estadio Municipal Novo Matapiñonera”, un campo de herba artificial, con capacidade para 3.000 espectadores, e cunhas medidas de 102´5 x 72. O primeiro campo do equipo foi o “Campo de Deportes da VDE San Sebastián de los Reyes”, máis coñecido como “Matapiñoneras”, e o novo estadio ocupa a localización do anterior xa que este foi demolido por completo, para facer unha zona comercial.
-A sua primeira equipación consta de,camiseta branca con franxa horizontal vermella, pantalón e medias a raias brancas e vermellas.
-Esta é a 21ª experienza na 3ª categoría do fútbol español.
-O seu adestrador é Marcos Jiménez, (Madrid, 14/101976), chegou o ano pasado trala restructuración total do equipo e consigue metelo nos “Play-Off” por diante dos grandes equipos da categoría na Comunidade Madrileña, coma o Castilla, DUX, ou Majadahonda. Foi adestrador das seleccións de base do Real Madrid, e en adultos comezou no Trival Valderas de Alcorcón, (o que levou dende rexional ata 2ª B), e do DUX Internacional,.
-O clube :O presidente actual do club desde a tempada 2014/2015 Miguel Espinosa, empresario coñecido que encabeza un proxecto ambicioso, desde a canteira ao primeiro equipo, e cuxos resultados son máis que plausibles. Mantense como Presidente de Honra, o histórico José Luis da Fouce Pereira, presidente durante máis de dez tempadas durante as cales o equipo ascendeu desde a Terceira Rexional ata a Segunda División ” B”, (Wikipedia).
-O seu xogador máis valorado según Trademark é…o extremo esquerdo Borja Martínez chegado do Hércules CF este mesmo ano, valorado en 300.000 euros.
-O seu andar na liga : Ocupa o 8º posto con 38 puntos, a tan só 2 puntos dos postos de promoción. Gañou 11 choques, empatando en 5 ocasións e caendo derrotado en 8. A sua derradeira derrota foi fai 5 xornadas, caía ante o CD Badajóz, (2-1), tras esta derrota foi a empatar co UD Logroñés, (1-1), e encadeou 3 vitorias consecutivas ca portería a cero e sumando 10 goles a favor, ante UD Extremadura, (0-6), CD Talavera, (1-0), e Zamora CF, (0-3).
-Cando xogamos contra eles : Farémolo na 25ª xornada da 1ª RFEF o Domingo 27 de Febreiro ás 12:00 horas, (11:00 GMT), coa arbitraxe do catalán Carlos Calderiña Pavón.
-Precedentes : 1-0 en Riazor con gol de Miku de testa a saida dun saque de curruncho botado por Juergen.
-A foto usada na montaxe é do Sanse
-Texto : piratasdemuxia