Tras un pequeno parón por mor de recuperarse dunha intervención cirúrxica estamos de novo convosco e aquí vos traemos unga nova entraga do “Sabías que?…”, na que vos desvelamos un pouco cousas do noso rival da fin de semana. Nesta ocasión o Depor visita este Domingo 13 de Febreiro a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT) ao SD Logroñés, no “Estadio de Las Gaunas”, coa presencia de numerosos deportivistas.
Sabías que?…
-O SD Logroñés, é de Logroño, (La Rioja), que conta con 151.136 habitantes (INE 2019), sendo a capital da provincia rioxana, que ten, 319.414, (INE 2019). Estas terras están vinculadas con Galicia polo Camiño de Santiago, que atravesa toda a ciomunidade de camiño as terras galegas.
-Foi fundado o 4 de Xuño do 2009, por varios socios do desaparecido polas deudas CD Logroñés, na tempada 2008/09. Os propios socios que acudían o “Las Gaunas”, tras varias xuntanzas fixeron unha plataforma chamada “Puerta 0”, pola que entraban os precursores da idea. O primeiro tiñan as suas oficinas nun centro comercial de Logroño.
-Ten polo tanto 12 anos.
-Disputa os seus encontros xógaos no “Las Gaunas”, feudo do extinto, CD Logroñés, que comparte co UD Logroñés. Un campo inaugurado un 28 de Febreiro de 2002 e que ten unha capacidade para 16.000 espectadoress. O terreo de xogo é de céspede natural e ten unhas dimensións de 102 x 64.
-A sua primeira equipación é camiseta blanquirroxa, pantalón negro e medias negras. A mesma que tiña o CD Logroñés.
-Esta é a sua terceira experienza na 3ª categoría do fútbol español, (2 en 2ª División B). O seu ascenso de Rexional foi meteórico gañando 39 dos 40 encontros. Logo pasoua maioría dos anos da sua existencia na 3ª División, ascendendo a 2ª B na tempada 2011/12, permanencendo durante dous anos da categoría de plata a que volveu tralo parón polo COVID-19, cando estaba de primeiro do seu grupo na 3ª.
-O seu adestrador é Raúl Llona, (Logroño, 3 /091976), un home da casa que foi xogador do CD Logroñés dende a canteira ata o primeiro equipo, do que se marchou na 1996/97, para voltar na 200/01, volver a marchar e voltar no 2004 e retirarse nén no 2007. Como adestradpor comezou no rival do UD Logroñés, na 2013/14, para a tempada seguinte recalar pro primeira vez na SD Logroñes, estando durante 2 anos, para logo recalar no Anguiano, San Ignacio, e Alavés B, e voltar esta tempada ao SD Logroñés.
-O clube é xestionado democraticamente polos socios, co sistema de, “un socio, un voto”, ao igual co Unionistas de Salamanca CF é un clube dos chamados de 3non negocio”.
-O seu xogador máis valorado é o dianteiro chegado do Racing de Santander, Jon Ander Pérez, xunto co central cedido polo Sporting de Xixón, Pelayo Suárez.
-O seu rumbo na liga :
A SD Logroñés ocupa a 11ª posición na liga con 30 puntos, de 7 encontros gañados, 9 empatados e 6 perdidos, con 26 goles a favor e 22 en contra. Na primeira volta foi o culpable do primeiro xarro de auga en Riazor, nun choque no que os deportivistas tras adiantarse no marcador dispuxeron de moitas ocasións para pechar o encontro, pero no desconto, cando se xogaba o derradeiro minuto da prolongación, conseguían tras un centro dende lona distancia dende a banda dereita deportivista, cun remate ne testa no segundo pau o empate, no único tiro a porta por parte deles en todo encontro, no minuto 94, finalizando o choque con esta xogada.
-Precedentes : 1-1 en Riazor esta mesma tempada.
-A foto da montaxe é do RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia
