O…”SABÍAS QUE?…” DO NOSO RIVAL DA 14ª XORNADA DA 1ª RFEF : BILBAO ATLHETIC.

 

Nova entraga do “Sabías que?…”, na que vos desvelamos un pouco cousas do noso rival da fin de semana. Nesta ocasión o Depor recibe este Domingo ao .

 

Sabías que?…

-O Bilbao Atlhehtic, é de Bilbao, que conta con  346.843  habitantes (INE 2019), cunha área metropolitana que supera o millón de habitantes, sendo a urbe máis habitada do País Vasco.

-Foi fundado no 1940​, co nome de Club Atlético de Bilbao Amateur, pero contabilizan a sua existencia real dende 1964, xa que a primeira experienza foi moi breve. É o filial do Atlhetic Club de Bilbao e decideu a poñerlle o nome de Bilbao Atlhetic para homenaxear aos dous primeiros equipos de fútbol do País Vasco e de España, o Bilbao e o Atlhetic

-Ten polo tanto 57 anos.

-Disputa os seus encontros no “Estadio de Lezama”, inaugurado no 1.971, escola de grandes fútbolistas da historia de España e do mundo. Ten unha capacidade para 3.250 espectadores.

-A sua primeira equipación é camiseta con franxas brancas e vermellas, pantalón negro e medias negras, a mesma do primeiro equipo. 

-Puido chegar a xogar na 1ª División. O filial bilbaino puido ter xogado na 1ª División en varias ocasións, pero a sua condición de filial fixo que non puidese subir, ao non podeer compatir liga co primeiro equipo.

-O seu adestrador é Imanol de la Sota Aberasturi ( Santurce, Biscaia, 2 de abril de 1975). Dende o seu comezo no 2013 como adestrador do Cultural de Durango, pasou por varios equipos da División de Honra Xuvenil, sendo campión de España cos xuvenís bilbainos na 2020/21 no Grupo 2. Esta é a sua primeira experienza na terceira categoría do fútbol español, con varios dos xogadores de xuvenís que adestrou o ano pasado.

-O clube está presidido por Aitor Elizegi, empresario gastronómico que creceu apoiando ao Athletic Club e converteuse en socio do club aos 25 anos.3​ Ingresou na industria culinaria en 1987, comezando a estudar na Escola de Hostalería de Galdácano. O seu restaurante Gaminiz obtivo o Campionato de España de Cociñeiros en 1988 e o Premio Euskadi Gastronomía ao mellor restaurador no ano 2000.4​ Posteriormente, Elizegi abriría varios restaurantes de gastronomía vasca en Bilbao como Txocook, Bascook e Basquery. En 2018 decidiu presentarse ás eleccións presidenciais do Athletic Club, que a entidade convocaba para elixir á plana directiva que había de suceder á que encabezaba Josu Urrutia. O 27 de decembro de 2018, Elizegi gañou devanditos comicios tras vencer a Alberto Uribe- Etxebarria, extesorero do club, por unha marxe de 85 votos, (Wikipedia).

-O seu xogador máis valorado segundo Tranfermark é : o meta de 20 anos de idade, Julen Agirrezabala, vallorado en 5 millóns de euros, ata agora o xogador máis valorado de todos aos que se enfrontou o Depor nesta categoría. Sígueo o extremo esquerdo Nico Serrano, valorado en 1 millón de euros. 

-Os seus derradeiros 5 resultados :

Xornada 8 : Bilbao Atlhetic 0-0 Real Unión

Xornada 9 :  SD Logroñés 1-1 Bilbao Atlhetic

Xornada 10 : Bilbao Atlhetic 1-1 Rayo Majadahonda

Xornada 12 : Racing de Santander 2-0 Bilbao Atlhetic

Xornada 13 : Bilbao Atlhetic 0-1 CD Talavera

-O seu esquema no encontro fronte o CD Talavera, no que perdeu por 0-1 foi un, 4-2-3-1.

-Cando xogamos contra eles : Farémolo na 14ª xornada da 1ª RFEF o Domingo 27 de Novembro ás 17:00 horas, (16:00 GMT), en Riazor.

-Precedentes : Non hai enfrontamentos precedentes. 

 

-A foto da montaxe sobre unha de : elcorreo.com

-Texto : piratasdemuxia