O SABÍAS QUE?… DO NOSO RIVAL DA 11ª XORNADA : UD LOGROÑÉS.

 

Nova entraga do “Sabías que?…”, na que vos desvelamos un pouco cousas do noso rival da fin de semana. Nesta ocasión o Depor visita este Domingo ao UD Logroñés.

 

Sabías que?…

-O UD Logroñés, é de Logroño, (La Rioja), que conta con 151.136 habitantes (INE 2019), sendo a capital da provincia rioxana, que ten, 319.414, (INE 2019). Estas terras están vinculadas con Galicia polo Camiño de Santiago, que atravesa toda a ciomunidade de camiño as terras galegas.

-Foi fundado en Xuño do 2009​, tras a extinción do Club Deportivo Logroñés, o empresario rioxano Félix Revuelta, propietario de Naturhouse, funda unha nova sociedade anónima deportiva coa denominación Unión Deportiva Logroñés, e compra a praza federativa do Club Deportivo Varea na Segunda División B, onde comeza a competir.​ Pola sua banda o CD Varea, tras vender a súa praza o novo equipo, pasou a disputar a Rexional Preferente da Rioxa.

-Ten polo tanto 12 anos.

-Disputa os seus encontros no “Estadio Municipal de Las Gaunas”, inaugurado o 28 de febreiro de 2002 e pertence ao Concello de Logroño. Era o estadio que utilizaba o desaparecido CD Logroñés. asimesmo, utilízano o Sociedade Deportiva Logroñés, que milita tamén na 1.ª RFEF, e que tamén naceu trala desaparición do CD Logroñés, e que tal como vos informamos no “Sabias que…?”, que fixemos cando se enfrontaron a nós, foi fundado por un grupo de afeccionados, tamén en Xuño do 2009. O “Las Gaunas” ten unhas medidas de 104 x 66 e unha capacidade para 15.902 persoas.

-A sua primeira equipación é exacta a do desaparecido CD Logroñés e nas cores coma a do seu “irmán”, SD Logroñés, camiseta con franxas brancas e vermellas, pantalón negro e medias negras. 

-Esta é a sua 12ª experienza na 3ª categoría do fútbol español. Dende que se fundou xogou sempre na 2ª B, praza que comprou o CD Varea, (como xa vos contamos), e na 2019/20 ascendeu a 2ª División, baixando o ano seguinte, polo que o ser recén ascendido ten un plus económico do seguro de descenso.

-O seu adestrador é Baldemoro Hermoso Herrera “Mere”, (Puerto de Santa María-Cádiz, 15 /03/1975), Tras zogar en equipos coma o Cádiz, Algeciras, Granada, Mensajero ou Jwer´z, retirouse no Portuense na 2004/05 e debutou neste mesmo equipo na 2012/13. Tras pasar por Fuenlabrada e Alcorcón, nos derradeiros anos, chegou esta tempada o SD Logroñés, dende o equipo madrileño.

-O clube é propiedade do empresario burgalés, Félix Revuelta Fernández, que en 1991 constituíu a sociedade Naturhouse, S.L. Actualmente é presidente
executivo do Grupo Naturhouse e o seu maior accionista a través de Kiluva, da que
é presidente do Consello de Administración e por medio da que está presente
tamén nas adegas Herdade de Baroja, o grupo de comunicación Vocento, no
sector inmobiliario a traves de Tartales, a química Sniace e a Unión Deportiva
Logroñés, entre outras sociedades. A todo iso súmase a propiedade e xestión do
hotel “Healthhouse Las Dunas de Estepona”.

-O seu xogador máis valorado segundo Tranfermark é : o extremo esquerdo, ex deportivista Borja Galán valorado en 500.000 euros, seguido de Iker Guarrotxena, que ocupa a mesma demarcación, (450 mil). Esta tempada incorporou 17 xogadores ca idea de retornar a 2ª División, antre eles hai, outro extremo esquedo valorado en 400.000 euros, Jónathan Dubasin, e agás o central de 34 anos de idade, Jesús Rueda, que o valoran en 50.000, o resto da plantilla anda antre os 300.000 e os 200.000. Xogadores chegados de equipos coma o Numancia, Tenerife, Girona, Las Palmas e Depor. 

-Os seus derradeiros 5 resultados :

Xornada 6 : UD Logroñés 1-0 Sanse

Xornada 7 :  UD Logroñés 0-1 SD Logroñés

Xornada 8 : DUX 2-2 UD Logroñés

Xornada 9 : UD Logroñés 1-0 Talavera

Xornada 10 : Vigo B 0-1 UD Logroñés

-O seu esquema fora ante o Vigo B, (0-1), foi un, 4-2-3-1.

-Cando xogamos contra eles : Farémolo na 11ª xornada da 1ª RFEF o Domingo 07 de Novrembro ás 17:00 horas, (16:00 GMT).

-Precedentes : Non hai enfrontamentos precedentes. 

 

-A foto da montaxe sobre unha de : lavozdigital.es

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies