Nova entrega do “Sabías que?…”, na que vos desvelamos un pouco cousas do noso rival da fin de semana. Nesta ocasión o Depor recibe este sábado ao Zamora CF.
Sabías que?…
-O Zamora Club de Fútbol, (coñecido co alcume de “Viriatos”), é da poboación de Zamora, (pertencente Comunidade de Castela-A Mancha), e que conta con 61.406 habitantes (INE 2019), sendo capital da provincia do mesmo nome.
-Foi fundado no 23 de Outubro de 1968, para substituír ao Atlético Zamora que desapareceu en 1964 por problemas económicos. Conta con 6 títulos de campión do Grupo VIII da 3ª División, e na tempada 2012-2013 o Zamora igualou o récord mundial de 10 empates consecutivos en partidos oficiais
-Ten polo tanto 63 anos.
-Disputa os seus encontros no, “Estadio Ruta de la Plata“, (2002), campo de herba natural, con capacidade para 7.813 espectadores. O campo no que comezou a xogar era o “San Jerónimo”, para despois pasar o, “Campo de Fútbol de Pantoja”, logo o “Ramiro Ledesma” para acabar no “La Vaguada”, que foi deixado polas suas escasa dimensións e aforo no 2002. O “Ruta de la Plata” ten unhas medidas de 104 x 70, as mesmas que Riazor.
-A sua primeira equipación : consta de, camiseta con franzas branca e vermellas, pantalón negro e medias negras. Sempre xogou con este diseño, con franxas máis ou menos anchas.
-Esta é a 26ª experienza na 3ª categoría do fútbol español, (nunca chegou a 2ª División). Foi subcampeón da 2ª B na tempada 2002/03, cando estreou o actual campo “Ruta de la Plata”, que ademáis estrenouno nun encontro ante o Ourense, (1-1).
-O seu adestrador é : Luís David Movilla Madrid máis coñecido como David Movilla ( Baracaldo-Biscaia, 9 de febreiro de 1980). Na sua traxectoria toda no fútbol non profesional, destacou o levar o modesto SD Lioa dende a rexional ata a 2ª B. Ficou polo Baracaldo CF e a piques estivo de ascendelo a 2ª División. Tras unha polémica destitución, que logo gañou nos xulgados o impropio da destitución, estivo ano e medio sen adestrar, chegando ao Zamora CF no 2018 e conseguindo o ascenso a 2ª B e a permanenza e asimesmo na 1ª RFEF.
-O clube : O presidente actual do club desde a tempada 2018/2019, é Víctor de Aldama, coñecido empresario zamorano. Presidente fundador do Grupo OBRAND, vicepresidente do Grupo Sanjo, así como socio fundador de Grupo Vivir e empresario/socio de Welow & Befour (4 Torres, Madrid).
-O Detalle : Agustín Prieto Pollo, foi o mellor futbolista na historia do Zamora C. F. Xogou no equipo zamorano a frioleira de 232 partidos, con 50 goles, pero o máis curioso de todo era que xogaba de defensa libre.
-O seu xogador máis valorado según Trademark é…o meta Joonmi Magunagoitía, (21 anos), chegado este mesmo ano do Vitoria CF, valorado en 250.000 euros, e no mesmo prezo, o centrocampista Julián Luque, ex da Cultural Leonesa e o extremo esquerdo, Jorge Fernández que chegou do Pontevedra CF.
Clasificación e rendemento : 3º posto con 16 puntos de 5 encontros gañados, 1 empatado e 2 perdidos, con 12 goles a favor e 5 en contra.
-Os seus derradeiros 5 resultados :
Zamora CF 0-1 Ferrol
Vigo B 1-0 Zamora CF
Zamora CF 0-1 Rayo Majadahona
SD Logroñés 2-0 Zamora CF
Zamora CF 1-0 CD Calahorra
-O esquema que utilizou no seu derradeiro encontro no choque ante o Calahorra que acabou gañando pola mínima, (1-0), foi un, 4-4-2.
-Cando xogamos contra eles : Farémolo na 10ª xornada da 1ª RFEF o Domingo 30 de Outubro ás 17:00 horas, (15:00 GMT).
-Precedentes : Pasada tempada o Zamora CF visitou o estadio de Riazor co equipo deportivista buscando meterse nos “Play-Off” o resultado foi de 2-0 a favor dos deportivistas con gol de Keko Gontan, (38´), e de Borja Galán de penalti, (91´), nun choque tremendamente disputado.
-A foto usada na montaxe é de Zamora News
-Texto : piratasdemuxia