Na tarde-noite de hoxe a partires das 21:00 horas o Depor e o Málaga CF veranse as caras no primeiro encontro da primeira eliminatoria polo ascenso a 1ª División. Ambos baixaron a tempada pasada e ambos estaban chamados a ascender este ano. Só un dos dous pasará a segunda eliminatoria, esperemos que sexa o noso querido Depor, pero…quen é o Málaga CF?.
O SABÍAS QUE?…DO MÁLAGA CF
Sabías que?
-Ainda que dende 1903 houbo equipos como o Malaga Football Club, ou que no 1909 pasaría a Málaga Fútbol Club, ou coma o Football Club Malagueño, (1915), que pasaría no 1923 a ser FC Malagueño, o actual Málaga CF, (que o primeiro se chemaba CD Malacitano), é un equipo dos relativamente xoves pois ven de cumprir fai unhas semanas 71 anos, polo que moita xente maior ainda lembra a sua fundación. Naceu como clube un 25 de Maio de 1948, ainda cos rescoldos da Guerra Civil que azotou España.O equipo foi feito coa plantilla do CD Santo Tomás.
-Cando se fundou tomou o nome de Atlético Malagueño que ostentou ata 1.990. Este nome dende ese ano pasou a levalo o seu equipo filial.
Sabías que?
-O seu estadio co nome de “La Rosaleda”, polo entorno no que foi feito na rolsaleda o “Paseo de los Martinicos”, foi construido no 1941 e en principio albergaba 45.000 afeccionados. Baixou aos 30.044 ca remodelación que tivo no 2006.
-O xeque árabe, Abdullad Al Tani, actual presidente e máximo accionista do clube, anunciou no 2010 que ía a facer un novo estadio que albergaría a 65.000 espectaores e que se chamaría “Qatar Stadium” en referenza ao seu pais.
Sabías que?
-O seu escudo tivo dende a sua fundación máis dunha trintena de trocos. O de hoxe en día que data do 2003, ten referencias o escudo municipal coma o “Castillo de Gibralfaro” e referencias a cidade, así coma as franxas da sua vestimenta e a´s siglas 2TM” que significan “Tanto Monta”, expresión de Fernando “O Católico” que otorgou a cidade a bordura dourada trala sua reconquista.
-O seu himno titúlas e “La Bombonera” e fala da visión da cidade dende a antiga estrada de entrada a cidade antre os ontes e a visión da cidade.
-Dende 2009 ten un lema que identifica ao clube e foi creado polos seus empregados : “Memoria, Compromiso y Fe”, xogando ca primeiras letras de Málaga Club de Fútbol.
Sabías que?
-Os primeiros equipos malagueños dende 1903 vestían primeiro con camisola branca e pantalón negro, para logo pasar a camisola celeste, pantalón branco e medias negras. Xa no actual Málaga CF dende 1941 a camisola colleu as raias azul claro co pantalón negro e as medias negras, facendo unha fusión dos anteriores equipos malagueños. No 1963 o calzón pasou a ser azul craro ata 1972 onde colleron o calzón azul actual e a camisola de franxas azul craro, que non trocou, salvo modelos de marcas dende 1941 .
-Xogou 37 tempadas na 1ª División Española e conta con 4 campionatos da 2ª División Española. A mellor posición que obtuvo na 1ª División foi a de 4º na tempada 2010/11 que o levou a xoar a Champións.
Sabías que?
-Nos dous encontros que xogamos esta tempada o Depor foi mellor en ambos pero non se pasou do empate. No de Riazor o resultado foi de 1-1, adiantáronse os malaguistas cun gol en fora de xogo, empataba o Depor e Quique González era expulsado polo mesmo colexiado que arbitrará a volta, ao facer unha “chilena” que considerou agresión a un contrario no acta. No encontro da segunda volta o Depor foi mellor e mereceu gañar. Na derradeira xogada do encontro o meta Munir sacoulle un balón increible a Borja Valle a bocaxarro.
Xa sabes un pouco máis do Málaga CF rival do Depor na noite deste mércores 12 de Xuño ás 21:00 horas, (19:00 GMT).
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es