“O SABÍAS QUE ?”…DO ELCHE CF RIVAL DO DEPOR ESTA SEMANA

 

Nos primeiros anos de www.piratasdemuxia,.es os que levades máis tempo seguíndonos lembraredes que tíñamos o a sección “O Sabías que?”. Unha sección na que vos contábamos cousas dos rivais do Depor, máis alá de cal era a sua convocatoria, ou que dixera pola semana este ou aquel xogador. Nesta publicación dábamosvos información, de quen era ese equipo, e cousas da sua historia e do seu entorno. Agora na nova piratasdemuyxia.es recuperamso esta sección, pero que non será só dos rivais do Depor, senón que abarcará todo o que levamos na web e máis alá. Deportes, festas, costumes, etc, do que poñemos e quizais de cousas que habitualmente non poñemos, pois esta é unha web de deporte, pero tamén de todo o que da de sí a actualidade e as veces poden ser cousas que nada teñen que ver co deporte, e ser de festas, paraxes, etc…

O SABÍAS QUE?…DO ELCHE CF

Sabías que?

-O Elche CF principal equipo da cidade dde Elche, (en valenciano, Elx e en galego Elxe), que ten 230.625 habitantes, fundouse un 28 de Agosto de 1922 polo que vai camiño dos 97, (en xaneiro do 23 para a RFEF). O seu primeiro nome foi Elche Foot-ball Club, que se pasaría ao actual como Elche Club de Fútbol trala normativa franquista de castelanización dos nomes na tempada 1939-40.

-Que se formou trala fusión de varios equipos ilicitanos, tras unha xuntanza dos responsables destes equipos nunha cova nas proximidades do Rio Vinalopó.

Sabías que?

-Os primeiros campos nos que xogou chamábanse : Campo del Clot, Campo del Cementerio e Stadium de Elche ou Campo de Don Jeremías, ata que en 1926 tivo o seu propio estadio o “Campo de Altabix”. Ata que ne Setembro de 1976 inaugúrase o Nuevo Estadio del Elche Club de Fútbol”, que máis tarde pasaría a chamarse como actualmente “Estadio Martínez Valero”, en homenaxe a un dos seus presidentes que dirixeu o clube en cáseque 20 anos do 1962 ao 1982, ano no que albergou encontros do Mundial de España. Hoxe en día ten capacidade para 33.732 espectadores.

-No 1953 estivo a piques de desaparecer e os xogadores formaron unha cooperativa dirixida por eles mesmos e evitaron a sua desaparición.

Sabías que?

-Na tempada 1967-68 chegou a estar en Primeira División, (ascende por primeira vez na 1959/60), e o seu filial Deportivo Ilicitano na 2ª División.

-Na tempada 1963/64 chegou a liderar a máxima categoría do fútbol español e acabaría 5º a sua mellor posición. 

-Foi subcampión da “Copa do Generalísimo”, (o que hoxe ven sendo a Copa do Rei), na tempada 1968/69, unha final na que caeu ante o Athletic Club de Bilbao por 1-0 no Santiago Bernabeu de Madrid.

Sabías que?

-Foi campión da 2ª División en duas ocasións : 1958/59 e 2012/13.

-A excepción dos seus comezos, que xogaba todo de branco, con medias negras, (1922/26), (Igual co seu veciño Valencia CF), no 1927 incorporou a franxa verde e xa non a deixou, ao igual da segunda equipación que sexa da cor que sexa levou unha franxa, verde, vermella, branca ou azul. As suas medias eran negras nos primeiros 30 anos, para ter o “modelo rugby” con franxas horizontais brancas e verdes os 10 anos seguintes e pasar logo dende 1961 a levalas brancas cunha franza verde ou brancas total. O seu calzón sempre foi branco.

-O idealista de incorporar a franxa verde na vestimenta dois ilicitanos foi do adestrador checo Antón Fivebr no 1926 e conta a lenda que na súa primeira visita a Elxe, Antón Fivebr contemplou as marabillosas vistas da cidade desde o alto da torre da Basílica de Santa María. Quedando cautivado coa franxa verde que conformaban os hortos de palmeiras entre as casas de baixa altura, que parecían dar acubillo aos ilicitanos. Alí mesmo empecinouse con plasmar sobre a camiseta branca a franxa verde de palmeiras que percorría e vertebraba a cidade antre as suas casas brancas.

-Que non todo é fútbol do que presume o clube xa que ten equipos de Baloncesto, Balonman, Fútbol Sala e Atletismo.

 

Xa sabes un pouco máis do Elche CF rival do Depor na noite deste martes 4 de Xuño ás 21:00 horas, (19:00 GMT).

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es