O SÁBADO TERÁ LUGAR O ACTO DE NOMEAMENTO DO PAVILLÓN DE CAMARIÑAS COMO “PAVILLÓN VÍCTOR VIGO”.

Víctor Vigo terá o seu día na sua vila.

 

O sábado terá lugar o acto de nomeamento do Pavillón Municipal Víctor Vigo

Celebrarase a partir das 11 horas no propio pavillón e haberá partidos para pechar o evento.

O Concello de Camariñas recoñecerá este sábado, 28 de decembro, o acto para recoñecer a traxectoria do deportista camariñán Víctor Vigo bautizando co seu nome o pavillón polideportivo que pasará a chamarse ‘Pavillón Municipal Víctor Vigo’.

O acto comezará a partir das 11 horas no propio pavillón e estará dirixido polo xornalista Terio Carrera. Ademais do progatonista, Víctor Vigo, participarán a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; e o presidente do Club Balonmán Camariñas, Andrés Cerdeiras.

A partir das 12:15 horas disputarase un partido entre o ‘Equipo Víctor Vigo’ e o BM Camariñas e, para pechar o acto, as categorías base do club camariñán farán unha exhibición.

Con esta iniciativa o goberno local recoñecerá a traxectoria deportiva de Víctor Vigo ao que califica como “o deportista máis importante nado no Concello de Camariñas na súa historia. Levou por case toda Europa o nome do Concello que o viu nacer hai trinta e cinco anos, facendo de embaixador do mesmo, alá por onde xogou e residiu. Non só é unha referencia para o Concello de Camariñas, quizais tamén sexa uns dos deportistas máis destacados de toda a Costa da Morte, e se valorásemos a súa especialidade deportiva, o balonmán, sería o xogador masculino máis destacado da provincia e un dos xogadores galegos máis significativo de todos os tempos”.

–Fotos e Texto : Gabinete de prensa Concello de Camariñas

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.