O SÁBADO 24 DE OUTUBRO TERÁ LUGAR EN OLEIROS O “IX FORO DO DEPORTE PARA TODOS”.

 

O IX Foro do Deporte para Todos celebrará este 2020 a súa novena edición, o 24 de outubro, a partir das 09:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física da Universidade da Coruña, organizado pola Asociación Galega de Xestión Deportiva ( AGAXEDE) co apoio do Concello da Coruña.

Nesta ocasión. o tema do foro será o presente e futuro do “Deporte Social e Cidadán”, e contará cos relatorios de catro profesionais cunha dilatada experiencia no sector, como son o presidente de AGAXEDE e de FAGDE, Eduardo Blanco Pereira; Manuel Hernández Vázquez, Carla dá Silva Castro e Juanma Murúa González.

Os obxectivos do evento serán:

– Analizar o deporte social e cívico e a súa evolución.

– Valorar o papel que xoga o deporte no lecer e o desenvolvemento humano.

– Coñecer a situación e as necesidades do deporte inclusivo.

– Analizar o deporte como elemento de cambio no urbanismo actual.

 

Para conseguir unha das 60 únicas prazas dispoñibles en modo presencial, facer clic  AQUÍ..

O Foro do Deporte para Todos tamén poderá ser seguido vía streaming.

 

 

 

-Foto e Texto : Asociación Galega de Xestión Deportiva/FAGDE/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies