O vindeiro sábado 17 de Agosto terá lugar o “VII Memorial José Díaz Lema” que celebra dende o 2013 o CD Nantón na memoria dun dos seus principais pilares.
José Díaz lema foi xogador, adestrador, diretivo-fundador e o “home para todo” no clube nantonés. Como adestrador acadou na tempada 1982-83 o primeiro título do clube, no que o mesmo xogaba, que lavaba a roupa ou cosíaa, cosía balóns, pintaba o campo, limpaba as instalacións, e controlaba que non faltaba nada o que non se predese. Dábao e douno todo polo clube, polo escudo e polas suas cores.
José Díaz tiña unha minusvalía o perder unha man cunha bomba de palenque, pero esto nunca o privou de dalo todo polo clube, polo que tralo seu pasamento os seus compañeiros non dubidaron un intre en adicarlle este memorial tralo seu pasamento e que chega a sua séptima edición e que como decimos terá lugar o vindeiro sábado 17 de Agosot no “Campos As Fonitñas”, (Nantón), a partires das 18:00 horas. O rival será o veciño Cabana SD recén ascendido a Liga da Costa.
Coma sempre, tralo encontro haberá unha gran chusrrascada no propio campo nantonés.
Cartel do primeiro memorial en Febreiro do 2013.
-Un artigo de Carlos Regueira en exclusiva para www.piratasdemuxia.es-
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR