O Deportivo enfrontarase á CE Sabadell FC na segunda eliminatoria da Copa del Rey, despois do sorteo que tivo lugar este martes na sede da RFEF.
A eliminatoria disputarase a partido único entre o martes 2 e o xoves 4 de decembro, na Nova Creu Alta, ao ser o conxunto catalán de categoría inferior.
A CE Sabadell FC compite no grupo 1 da Primera Federación e ocupa actualmente a 5ª posición con 17 puntos no seu campionato.
Os dous equipos xa se viron as caras na Nova Creu Alta o 22 de outubro de 2023, nun partido correspondente á 9ª xornada da Primera Federación, no que o Dépor se impuxo por 0-1 grazas a un gol de Martín Ochoa aos 7 minutos.
O partido terá un toque especial para o técnico deportivista, que anteriormente estivo á fronte da CE Sabadell FC entre abril de 2019 e novembro de 2021, sumando 96 encontros e conseguindo un ascenso a Segunda División.
Na primeira rolda desta edición da Copa do Rey, o Dépor superou á UD Sámano cun contundente 1-4 en Castro Urdiales, mentres que a CE Sabadell FC eliminou á UD Poblense tras vencer por 1-2 en La Puebla (Mallorca).
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”