O RC DEPORTIVO XUVENIL TIVO UN DÍA COMPLETO DE CELEBRACIÓNS E RECOÑECEMENTOS.

Recepción na Casa do Concello da Coruña.

 

Os Campións de España de Xuvenís, tiveron este pasado luns un día para lembrar e vivir nas suas propias carnes, en versión canteira, o que viviron os seus heroes do Depor de fai uns anos. Tiveron un día completo de celebracións, comezando por unha rolda de prensa da que xa vos demos conta, o aplauso e os cánticos dos afeccionados, en especial os Riazor Blues, a recepción na Casa do Concello da Coruña, e unha cea de celebración, para comezar un merecido descanso de verán, ata que se reanuden os adestramentos, que de seguro algún comezará co primeiro equipo, ou co Fabril.

Acompañados por Eduardo Blanco e Emma Lustres, conselleiros do Real Club Deportivo; Miguel Juane, secretario do Consello de Administración; Francisco González Pérez, Director da Canteira; e Albert Gil, Director de Organización do Club, a expedición deportivista percorreu a pé o camiño desde Porta Real até a entrada do palacio municipal. As persoas que nese momento atopábanse na Praza estalaron nun emocionante aplauso a estes novos futbolistas que volveron facer historia.

Xa no salón de plenos, os branquiazuis foron recibidos pola Alcaldesa da Coruña, Inés Rey; a concelleira de deportes, Mónica Martínez; e polos portavoces das demais agrupacións políticas.

Eduardo Blanco tomou a palabra en primeiro lugar para acordarse das persoas que fixeron posible a creación da Cidade Deportiva e apuntou que este equipo “non é flor dun día” senón que é froito do traballo de toda unha serie de profesionais do Deportivo en todas as áreas e de todas as directivas que os precederon desde a posta en marcha de Abegondo.

Óscar Gilsanz, adestrador do equipo, destacou o traballo de todos os adestradores e de todo o persoal do Club, partícipes tamén deste éxito; e Mario, capitán do Xuvenil A e natural de Estremadura, acabou a súa breve alocución cun “A Coruña é a ostia” que provocou o  sorriso dos presentes e por suposto da alcaldesa que estaba ao seu lado.

Pechou a quenda de palabra Inés Rey, quen subliñou que “nos emocionastes” á vez que afirmaba que “estamos moi orgullosos de vós. Xogastes como un equipo”, indicou na súa alocución.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia