O RC DEPORTIVO XUVENIL PASA A “FINAL FOUR” POLO TÍTULO DE ESPAÑA, TRAS UN EXTRAORDINARIO ENCONTRO CON PRÓRROGA INCLUIDA, ANTE O VILLAREAL CF, (3-4).

Cuartos de Final Copa do Rei

Demostración de podería do Deportivo Xuvenil A.

 

Villareal CF Juvenil 3-4 RC Deportivo Xuvenil A

Extraordinaria primeira metade dos deportivistas que a pesares de sair un tanto durmidos e toparse cun erro defensivo que supuxo o gol dos villarealistas, tan só con 4 minutos gastados, pero comezou a dominar o equipo de Manuel Pablo e a presionar moi arriba, poñendo en apuros a defensa e o porteiro local, ata que chegou o gol, tras un envío o área do fisterrán, Hugo Baldomar, que prolonga un compañeiro no punto de penalti e o remate posterior a bocaxarro manda o meta o pau, recolle o rexeite Sadebyda e empuxa a dentro para o empate.

Sigue presinando, roubando balóns e facendo trocos de banda a banda, cun fútbol alegre o equipo deportivistas e puido vir o segundo, pero o meta local sacoulle co pé un man a man a Hugo Ochoa, pero pouco despois nun deses trocos de banda a banda, Villaverde fai un control dirixido no pico do área, vaise ata a liña de fondo, os do Villareal pensan que vai a facer paso atrás, e cólalla o porteiro, cáseque sen ángulo, polo seu pau.

Ainda puido vir o terceiro dos deportivistas, pero Ochoa mandou alto con toda a porta para él, e a resposta alicantina chegou cun centro dende banda esquerda o corazón do área, control co peito, baixada, e antre unha maraña de pernas, Lemos está xenial e saca unha man extraordinaria, moi parecida a de Mackay no Matapiñonera. A resposta deportivista chegou de repente, Hugo Baldomar mandaba alto un balón atrás, dende o borde do área.

A segunda calmáronse as cousas e creceuse o Villareal que nunha contra empataba o encontro, por medio de Requena. Foise igualando o xogo pero foron os amarelos os que de novo marcarían para acadar a remontada. O Deportivo en troques de virse abaixo, meteu unha marcha máis e conseguía ao empate, cun golazo do costeiro, Hugo Baldomar, unha igualada ca que se chegaba a prórroga.

Non saeu a especular o equipo deportivista e foi a polo equipo villarealista cunha presión alta e un ritmo altísimo, para os minutos que tiñan nas pernas, e consigueu meterse de novo por diante, cun gol de Kevin Sánchez. Tocoulle aos locais buscar a igualada e o equipo branquiazul sacou numerosas contras, e roubos no medio do campo, que non foron quen de materializar. Tamén houbo un penalti do que o colexiado non quixo saber nada, e que podería ter sido a sentenza. Soubo xogar os minutos finais o equipo deportivista e acabou o encontro, que tivo 2 minutos de desconto, no campo rival.

 

 

 

-Texto : piratasdemuxía

-Foto : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies