O RC DEPORTIVO XUVENIL “A” CAMPIÓN DE ESPAÑA “CON UN PAR”.

 

Todo un orgullo para os que somos deportivistas de tódalas maneiras, (scocios, accionistas, afeccionados…), o que fixeron o grupo adestrado por Óscar Gilsanz, que tras gañar a liga dunha maneira extraordinaria, deixaron na cuneta con moito sufrimento ao UD Las Palmas, logo na semifinal a todo un Real Madrid e na final, cun enorme encontro ao FC Barcelona.

Un traballo de “5, 6, 7 anos que se ve culminado, (dixo o adestrador tralo encontro). Agora este bo traballo que se está a facer na canteira con cáseque pleno de campións das respectivas ligas, e agora toca coidalos e amarralos, para que dunha vez por todas desembarquen nun futuro non lonxano, no primeiro equipo. Que non pase o de sempre, que veñan outros e os leven, ou que se teñan que ir por non ter oportunidades.

Dende piratasdemuxia.es a nosa máis enorme das gracias e de noraboas a tódolos que forman a este grupo que é campión de España, “cun par…”.

 

A crónica do encontro de rcdeportivo.es :

RC Deportivo 3-1 FC Barcelona

O Deportivo Xuvenil dirixido por Óscar Gilsanz afrontaba a moi merecida oportunidade histórica de proclamarse por segunda vez, vinte e cinco anos despois da primeira xesta, campión de España da categoría. Diante, un FC Barcelona que buscaba, tras unha década, un novo título.

O partido xogouse en termos similares ao da semifinal contra o Real Madrid pero cun Dépor menos á espera nos instantantes iniciais. Foi un encontro tremendamente divertido para os espectadores no que se sucederon as ocasións, as chegadas e os goles.

A primeiro obra de Mario após unha gran xogada do equipo branquiazul, culminada por Noel dentro da área, servindo para que o capitán deportivista abrise o camiño da vitoria. O Barça reaccionou ben ao tanto deportivista e Ilias, aproveitando o rexeite após unha primeira boa parada de Brais Suárez, atopou o oco para pór as táboas en marcador.

Pouco durou a igualada porque, de novo, unha enorme xogada individual de Noel, resolta por el mesmo, serviu para pór o 2-1 no marcador.

A partir de aí o Barça buscou con maior intensidade a portería branquiazul pero unha gran actuación de novo de Brais Suárez e a falta de punteria en ocasións, fixo que non chegase o empate. O Deportivo tentouno durante todo o partido á contra e así, nunha delas, chegou a sentenza cun man a man de Noel resolto á perfección polo Deportivista ante Carrillo.

Aínda que houbo que seguir pelexando até o final, desde aí o Dépor tamén gozou dos minutos que transcorreron ata que, veiticinco anos despois, vos nosos puideron volver cantar o alirón, xusto no día no que se celebraban os 26 anos da Copa do Rei que se homenaxeaba na camiseta que, de inmellorable maneira, defenderon estes xuvenís que hoxe pasaron a formar parte da historia do RC Deportivo.

Dépor: Brais Suárez, Trilli, Guille, Fito (Urdiales, min. 89), Barcia, Brais Val, Víctor, Mario (Raúl, min. 78), Noel (Yeremay, min. 83), Nájera (Jairo, min. 89) e Mella (Nico, min. 89).

Barça: Carrillo, Alegre, Almeida, N´Diaye, Rico, Akhomach, Jardi (Joan, min 65), Diego López (Fabián, min. 65), Gavi, Valle (Juanola, min. 77) e Angong (Zacarias, min. 46).

Goles: 1-0 Mario (min. 22); 1-1 Ilias (min. 26); 2-1 Noel (min. 30); 3-1 Noel (min.73).

Árbitro: Martínez Montalbán (c. murciano). Amoestou a Noel (min. 14) e Gavi (min. 26).

Incidencias: Partido final da Copa de Campións de División de Honra Xuvenil disputada no Marbella Football Center con presenza de Deportivistas nas bancadas.

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Foto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies