O RC DEPORTIVO VOLVE A PEDIR O CSD A INHABILITACIÓN DE TEBAS NO DÍA QUE O EQUIPO RETORNA A ABEGONDO CAS PROBAS MÉDICAS.

 

O RC Deportivo na persoa do presidente Fernando Vidal pideu a presidenta do Consello Superior de Deportes a “inhabilitación inmediata de Javier Tebas como presidente da LFP”. Aos xa coñecidos maltratos do presidente da Liga desta volta o clube deportivista denuncia que o “inclito” presidente “abonou o 15% da cuota de televisión aos clubes profesionais para recanar apoios ante a petición dunha liga de 24 equipos na Segunda e así perxudicar o RC Deportivo”.

Di na carta o CSD o máximo mandatario deportivista que Tebas está : “afectando gravemente a competición de Fútbol Profesional” e que o feito de adintar os pagos da televisión é un “delito de administración desleal” e que o partidista presidente da Liga “abusa da autoridade” y o que fai é unha “actuación irregular”, xa que a liga na Segunda ainda non acabou pois ainda están en xogo os Play-Off de ascenso.

No día de onte o clube deportivista en defensa dos seus dereitos, ante a persecución de Tebas pideu a suspensión cautelar do sorteo do calendario ata que se aclare o “Caso Fuenlabrada”.

Dende a Liga contravindo toda xustiza estase a defender o Fuenlabrada con todo, por intereses propios e en contra de toda lei. Un Fuenlabrada que xa tería que estar descendido e fortemente sancionado por tódalas neglixencias que fixo  que o propio xuiz instructor da RFEF declaoru como “gravísimas”, tanto no eido sanitario coma no deportivo, coma adulteración do campionato co apoio da LFP.

Nos como socios e accionistas do RC Deportivo tamén solicitamos se atendan as peticións do noso clube pois son de total xustiza. Algo que con un inquisidor ao mando non se cumple, co auspicio de clubes mercenario que van en contra do sentir das suas afeccións e ca calada por resposta do governo que debe andar de vacacións ou confinado sen teléfono, radio, nen televisión, pois para ver todo o que leva acontecido e calar hai que ser moi lercho.

O EQUIPO RETORNA A ABEGONDO

Un total de 15 xogadores pasaron as probas médicas esta mañán en Abegondo para comezar unha pretempada chea de incertidume por saber onde imos xogar e cando. De baixar a 2ª B como desexa Javier Tebas e os seus comparsas a plantilla distaría moita da que teríamos na 2ª División. A estrera deste “reentré”, foi o arxentino Fede Cartabia, tam´n estiveron : Álex Bergantiños, Vicente Gómez, Eneko Bóveda, Mujaid, Salva Ruiz, Somma, Keko, Uche, Gerard Valentín e Borja Galán, así coma os canteiráns Gandoy, Valín, Juan Rodríguez e Alberto.

Dani Giménez, Gaku, Claudio Beauvue e Rolan iranse incorporando nos próximos días.

A previsión do corpo técnico é arrincar os adestramentos de pretemporada o luns pola mañá na Cidade Deportiva.

Foto e Texto : piratasdemuxia.es


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies