Unha boa nova que esperemos que sexa para quedarse, moi pedida e esperada pola afección, importante para todo o deportivismo que non nos interesa o que se coce no fútbol que televisan as canles privadas e de pago doutras ligas e si ver a evolución dos nosos e das nosas.
O equipo branquiazul vai a dar en direto pola sua canle de YouTube os encontros do Xuvenil, Fabril e do Deportivo feminino. Por outra banda a TVG2 dará en direto tamén o encontro do Depor ante o Alcorcón, no Santo Domingo. Primeira vez que a canle galega da un encontro dun equipo galego fora de Galicia.
Así queda a parrilla televisiva do RC Deportivo
Sábado 14 de Xaneiro
Deportivo Xuvenil-CD Lugo, ás 16:30 horas, (YouTube)
Alcorcón-Depor, ás 17:00 horas, (TVG2 e Insports Tv)
Domingo 15 de Xaneiro
Granada-Deportivo Feminino, ás 12:00 horas, (YouTube)
Frabril-UD Paiosaco, ás 12:00 horas, (YouTube).
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia