
Tras pecharse en setembro a posibilidade de facerse socio do RC Deportivo para os abonados con dereito a asento no Estadio de Riazor para toda a tempada 2024/25, (amigables e Copa do Rei incluida), quedou aberta a opción de Socio Amigo, que da dereito ademáis de presumir de ser socio a ir a 3 encontros en Riazor, a de Neno Depor, para todo aquel que queira que o seu neno sexa socio do clube dende o seu nacemento, suma en total a día de hoxe con 30.088 socios, antre as 3 modalidades.
Socios con dereito a asento en cada encontros somos 27.549, mentres que Socios Amigo/a suman os 1979, e Neno7a Depor 560. Estas duas últimas modalidades son as únicas que están abertas.
Ainda que Riazor supera as 32.000 localidades o clube pechou as novas altas con dereito a asento en 27.59 debido que o resto son as obligatorias para afección visitante, patrocinadores, socios amigo/a, así coma compromisos do clube.
Entradas esgotadas para o Depor-Xixón
O clube anunciaba no día de onte que para o encontro do vindeiro Domingo a partires das 16.15 horas, (15.15 GMT), xa non quedan entradas e animan aos socios que non poidan ir a liberar o asento, como xa fixo en anos anteriores, dando así opción a outros deportivistas que desexen ir, recibindo unha rebaixa no carnet da vindeira tempada por esta acción. O encontro ante os astures foi decretado de alto risco e terá un desplegue de seguridade xa dende o sábado para evitar altercados coma os da visita do Málaga con 144 vándalos facendo destrozos pola cidade.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”