Riazor é un dos campos con maior asistencia e número de socios de España.
A afección deportivista segue a batir records. De nada vale que esteñamos na 3ª categoría do fútbol español. esta afección só entende de sentimento, e como se pode ver nas gradas son milleiros os rapaces que animan a branquiazul. Xa fai anos que os antideportivistas que falaban de que cando baixase a Segunda o equipo ía a quedar sen afeccionados. Tiveron que tragalo que dicían con patacas crúas. Non só aumentou o apoio senón que se multiplicou, e xa se veu o día do “Play-Off “que se houbese un campo de 50.000 espectadores encheríase.
Esta mesma tarde pechouse a OAD, (Oficiña de Atención o Deportivista), despachando o carnet 25.001, sendo un dos equipos de españa con maior número de socios, e tamén toda a tempada antre os 10 campos con maior afluencia de púbrico, así coma o primeiro en acompañamento nos encontros de fora o equipo, con presenza en tódolos campos, habida conta da gran cantidade de peñas espalladas por todo o estado español.
Pinta de cheo en Riazor o Domingo
O vindeiro domingo o Castilla visita Riazor, entro do segundo, que é o Depor, contra o terceiro, un choque que se xogará dende ás 19:00 horas, (18:00 GMT), e para o que van vendidas en dous días 6.539 entradas, e coa previsión de que se vai a colgar o cartelón de “Non hai billetes”. O encontro será televisado en direto e de balde pola TVG2, a web do ente televisivo galego, e de pago por Insports TV, que cada día faino peor.
Moi poucas entradas para León
A Cultural manda 1.245 entradas que comezarán a venderse mañán mércores nas taquillas da OAD. As entradas son en formato físico, do Estadio Reino de León a un prezo de 15 euros cada unha, de cara ao partido do próximo domingo 19 de marzo ás 17:00 h. (Insports.tv). Moi poucas para a estimación de deportivistas que queren ir e que foron o ano pasado. ademáis o dictarse como de “alto risco”, non habería entradas a venda para o equipo visitante noutras zonas do campo.
As entradas ao ser en formato físico, as localidades venderanse, presencial e exclusivamente a persoas socias do Club, a partir do mércores 8 de marzo ás 10:00 h. na Oficina de Atención ao Deportivismo do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana s/n) dentro do seu horario habitual, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. até esgotar localidades. Se non sucedese antes da fin de semana, tamén se poderán comprar nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor o domingo, día de partido, desde as 16:00 h.
Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas, unha ou dúas por carné (máximo 4 por persoa física en despacho de billetes), mostre o DNI orixinal (ou copia ou imaxe) de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono.
A Federación de Peñas do RC Deportivo tamén xestionará pola súa conta e para os seus membros a cota do total de entradas (40%) correspondente por convenio entre ambas as entidades.
A Federación de Peñas asina convenio co Concello
A Federación de Peñas deportivistas ven de anunciarnos un convenio de colaboración con Concello de A Coruña, que se firmaba este martes pola tarde no Concello de A Coruña por parte da alcadesa, Inés Rey, e o presidente da Federación de Peñas, Luis Alberto Martínez. Durante a semana os peñistas serán informados de todo o tratado co ente consistorial coruñés.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”