O Real Club Deportivo e Footters, a plataforma que conta cos dereitos audiovisuais dos equipos do Grupo I Subgrupo A que non son galegos (Unionistas, Guijuelo, Zamora e Salamanca), chegaron a un acordo para que os socios do Deportivo poidan ver, por un prezo exclusivo, os 4 partidos que o Dépor xogará fóra de Galicia, así como o resto de retransmisións que ofrece a plataforma en cada xornada da primeira fase da competición de Segunda B e Terceira.
Deste xeito, os socios do Deportivo, cun único pago de 12 euros beneficiaranse do servizo completo da plataforma nesta primeira fase da temporada regular (que ten un custo de 6’99 euros ao mes ou 49,99 euros a temporada). Un aforro importante para os Deportivistas que, deste xeito, poderán ver ese catro partidos (Unionistas, Guijuelo, Zamora e Salamanca) que non poden seguirse audiovisualmente por ningún outro canle, ademais do resto da oferta de Footters.
Para beneficiarse da promoción os socios do Real Club Deportivo deben solicitar o código de alta na plataforma a través desta ligazón: https://footters.
O resto de partidos do Dépor na primeira fase da temporada (o subgrupo A de o Grupo I de Segunda División B) ante os equipos galegos, tanto en ABANCA-RIAZOR como a domicilio, poderán seguirse en directo a través da Televisión de Galicia.
ENTRADAS PARA O FABRIL-SANTA TERESA
Os socios do Depor poden optar a unha das 100 entradas para ver o Fabril-Santa Teresa deste sábado en Abegondo
Após a experiencia da pasada fin de semana en Abegondo co Fabril-Paiosaco, o Real Club Deportivo continúa dando pasos dentro das esixencias da actual situación, implementando o protocolo de apertura con aforo reducido da Cidade Deportiva de Abegondo tamén para o partido de Primera Iberdrola do próximo sábado ás 13:00 horas entre o Dépor ABANCA e a Santa Teresa estremeño.
Poden optar a unha das 100 invitacións dispoñibles todos os Socios do Real Club Deportivo que renovasen o seu carné antes do martes 27 de outubro ás 17:00 h.
Todos os Socios que teñan interese en poder dispor dunha entrada para o partido da xornada 4: Dépor ABANCA-Santa Teresa, deberán solicitalo formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, ID de socio, 4 últimos números do DNI e correo electrónico.
Dado o escaso número de localidades dispoñibles, o Real Club Deportivo roga encarecidamente que unicamente soliciten invitación aqueles Socios que vaian poder acudir o sábado ao partido, para evitar que queden entradas sen utilizar.
Este procedemento ten tres fins: poder realizar a solicitude da invitación; en caso de adxudicación de invitación, poder notificar ao socio que ten dereito de acceso á Cidade Deportiva; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.
A solicitude formal debe realizarse entre a publicación desta normativa e o xoves 29 de outubro ás 10:00 horas, momento no que se pechará o prazo de solicitudes de entradas para o segundo partido da Temporada do Dépor ABANCA en Abegondo. Con cada solicitude obterase un código co que poderá consultar se finalmente adxudicar a posibilidade de dispor de invitación.
Posteriormente ao peche do prazo de solicitudes notificarase, vía correo electrónico, a aqueles que sexan adxudicatarios dunha invitación que dispoñen de entrada e o método de acceso á Cidade Deportiva. A listaxe de códigos adxudicatarios tamén se publicará na páxina web: www.rcdeportivo.es.
Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19.
Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá pasar un control de temperatura, hixienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.
-Foto e Texto : RC Deportivo
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR