O RC DEPORTIVO SACA A VENDA ENTRADAS A PREZO REDUCIDO E CON OFERTA A SOCIOS PARA O ENCONTRO ANTE O DUX INTERNACIONAL DO DOMINGO 17 DE ABRIL ÁS 12:00 HORAS.

 

Para o partido do domingo 17 ás 12:00 horas, (10:00 GMT), contra o DUX Internacional de Madrid correspondente á 32ª xornada de Primeira RFEF póñense entradas a disposición da afección que queira acudir ao Estadio ABANCA-RIAZOR e que non teña carné do Dépor 21-22.

Os prezos das entradas para o público oscilan entre os 30 euros da Tribuna Superior e os 15 de catro do oito bancadas do Estadio, pero todas esas socias e socios do Dépor dispoñen dunha oferta para comprar até 4 entradas por carné, con prezos que van dos 10 aos 20 euros en función da bancada (Esgotada Marathón Inferior). Tamén se poden adquirir entradas da Área 1906 (zona VIP de Tribuna Inferior) por un prezo de 80 euros con catering incluído na previa, ao descanso e após o partido.

As entradas poden comprarse seguindo o mesmo método que se veu utilizando en todos os partidos en ABANCA-RIAZOR, a través da páxina:

https://bancada.rcdeportivo.es/

O domingo 17, día do partido, as entradas poden comprarse nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor en horario ininterrompido desde as 10:00 h. e até o comezo do encontro.

-Foto e Texto : rcdeportivo.es