Adeus definitivo para Fede Cartabia
O RC Deportivo trala xuntanza de hoxe cos implicados na situación de altos contratos e que poderían entrar no ERE, que tratan de evitar con esta xuntanza, informa que Fede Cartabia e Keko Gontán deixan de ser xogadores do clube, tras acordo de rescisión de contrato :
“Federico Nicolás Cartabia (Rosario, 20 de xaneiro de 1993) non continuará xogando no RC Deportivo após o acordo para a rescisión do contrato que vinculaba ao Club e o futbolista”.
“O Real Club Deportivo quere agradecer a Fede a súa achega nos case 5.000 minutos dos seus 84 partidos como Deportivista, anotando 10 goles e dando 13 asistencias, desexándolle os maiores éxitos nos seus novos proxectos profesionais”.
Tamén Keko Gontán colle as maletas
“Sergio “Keko” Gontán Gallardo (Madrid, 27 de decembro de 1991) non continuará xogando no RC Deportivo. Desde a súa chegada ao Club no mercado de inverno da temporada 2019-2020 Keko vestiu a camiseta do Dépor en 24 partidos, anotando 2 goles e dando 2 asistencias”.
“O RC Deportivo quere agradecer a Keko Gontán o seu traballo e achega ao equipo nesta etapa como branquiazul, desexándolle os maiores éxitos nos seus próximos proxectos profesionais”.
Desta volta o clube lembrouse de agradecer os servizos prestados a ambos xogadores, cousa que non se deu onte na rescisión de Rolan, que se foi o Bravos FC de México.
Tras esta xuntanza falla saber se seguirán o camiño de Fede e Keko Gontán, o nixeriano Uche Agbo, e o costarricense Celso Borges, os outros grandes soldos do clube, así coma algún empregado, moi ben remunerado.
-Foto e Texto : piratasdemuxia
