O RC DEPORTIVO RESCINDE CONTRATO CON CARMELO DEL POZO.

 

Se o pasado martes Fernando Vidal aos poucos de ser nomeado presidente do RC Deportio decía a pregunta de cal era o futuro de Carmelo del Pozo, director deportivo daquela do clube contestou que : “Está de vacacións e cando volva falarase con él”.

Ata o máis despistado leía antre liñas que esas vacacións que lle deu o consello interino presidido por Toño Armenteros en pleno comezo de mercado invernal era un “Adeus, adeus!!!”, e así foi, o clube anuncionos a rescisión de contrato co segoviano.

O equipo que fixo este ano dista moito do que confeccionou o pasado ano, do cal se se houbese quedado cos grandes valores e reforzando ben, estaríamos falando doutra cousa, pero a verdade é que a animadversión dos afeccionados ganouna a pulso, e cun “pequeno” empurrón do xornal que crucifica aos que non lle baixan os pantalóns.

 

COMUNICADO DO RC DEPORTIVO

O Real Club Deportivo decidiu rescindir o contrato que lle vinculaba co, até hoxe, director deportivo do Club, Carmelo del Pozo. O cambio de administradores e de política deportiva fan que se tomou a determinación deste cesamento.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Carmelo del Pozo a súa profesionalidade e dedicación durante todo o tempo no que pertenceu ao Club como máximo responsable da parcela deportiva, desexándolle éxitos profesionais e persoais no futuro.

Pola súa banda, Carmelo del Pozo quere trasladar o seu “agradecemento ao Deportivo pola posibilidade ofrecida para desenvolver este proxecto nun gran Club”. Así mesmo, desexa “agradecer o apoio e o traballo de xogadores, técnicos, persoal do Club, Conselleiros e Presidentes que lle acompañaron nesta etapa profesional e, sobre todo, dar as grazas á afección e desexarlle o maior dos éxitos a todo o deportivismo”.

>Foto  : RC Deportivo

>Texto : piratasdemuxia.es/RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies