O RC DEPORTIVO RENOVA A PABLO GARCÍA ATA 2027.

Pablo García xa xoga no Fabril.

 

Moi boa nova : O RC Deportivo anuncia a renovación do xove canteirán Pablo García ata 2027. Unha boa nova que se une o bo traballo do apartado deportivo que está renovando a rapaces de gran nivel como xa pasou con Yeremay, Barcia e Mella nos máis destacados pero que tamén o fixo con Ochoa, Rubén…

Pablo García, lateral dereito que fixo unha gran pretempada co primeiro equipo a pesares de ter tan só 16 anos e que de seguro que con Gilsánz no Depor non tardaremos en velo. Xa xoga co Fanril ainda que é xuvenil de primeiro ano e de non estar lesionado tiña opcións de ir convocado co primeiro equipo.

Así o anuncia o clube :

Pablo García Taboada, (A Coruña, 23 de xaneiro de 2008), asinou a súa renovación polo RC Deportivo até xuño de 2027.

Desta forma, o Club asegúrase a continuidade dun dos futbolistas con máis proxección en #ANOSACANTEIRA.

Sendo xogador aínda en categoría cadete, este lateral dereito que chegou a Abegondo na temporada 2016-17 ás filas do Benxamín B, foi convocado a campaña pasada polo primeiro equipo para disputar o play off de campións de Primera RFEF ante o CD Castellón.

Este verán, Pablo García realizou a pretemporada co primeiro equipo e participou nun total de 5 partidos amigables. Ademais, foi citado en 3 ocasións en LaLiga Hypermotion aínda que non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Co Fabril xogou 6 encontros en Segunda Federación, 3 deles como titular.

Nestes momentos, recupérase dunha escordadura acromioclavicular que se produciu no encontro do filial ante o CD Guijuelo.

Pablo García é internacional en categoría sub-15 e sub-17.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo