O RC DEPORTIVO RECIBIRÁ A COPA DE ESPAÑA DO 1912 O VINDEIRO SÁBADO 8 DE ABRIL, DÍA QUE O FUENLABRADA VISITA RIAZOR.

 

O RC Deportivo suma o seu 7º título coa oficialida do  primeiro que acadou

Após o recoñecemento, o pasado sábado por parte da xunta directiva da RFEF, da oficialidade da competición Copa España e a concesión ao RC Deportivo do título de campión do ano de 1912, o vindeiro sábado 8 de abril, antes do Deportivo-Fuenlabrada de Primeira Federación que se disputa ás 19:00 horas, (17:00 GMT), en Riazor, farase entrega oficial do trofeo, custodiado desde hai máis de 100 anos polo Club. Rafael Louzán, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, fará entrega do trofeo en representación da RFEF.

O escritor Rubén Ventureira na sua indagación para facer o libro “De la Sala Calvet al título olvidado. Albores del RC Deportivo 1901-1912″, foi o que se atopou no seu traballo de investigación con que o RC Deportivo tiña un título de campión de España no 2012, e que ademáis existía o trofeo, que se salvou gracias a ser agochado cando o franquismo requisou os trofeos dos equipos de fútbol para fundir e fabricar obras litúrxicas.

Na xunta diretiva da RFEF tamén lle foi recoñecido o Real Mallorca a Copa da República do 1937. Ambos títulos son a equivalencia hoxe en día da Copa do rey, que no pasado foi Copa de España, Copa da República, Copa do Xeneralísimo, e dende a subida de Juan Carlos I, “Copa do Rei”.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”