Xa antes de que se presentase moitos tiñan preparados os comentarios de crítica esperando a darlle a pulsar. O RC Deportivo presentou o hino do 120 aniversario composto por un deportivista, Xoel López e que nunha letra moi ben traballada auna sentimentos con épica, ao igual ca na música. O vídeo percorre a Coruña en varios dos camiños a Riazor, pero ao meu entender como deportivista pasional, socio e con sangre branquiazul, o intre de mal ambente antre unha parte da afección, a da “banda sonora de Riazor”, fai que falte eso…o ambente fora do normal que se vive de apoio ao equipo.
Así nolo presenta o RC Deportivo :
‘Voa’ é, ante todo, un canto colectivo. Un himno no que é o deportivismo quen lle canta ao Dépor: “Voa, contra o vento Dépor voa…”. Unha idea que sintetiza os valores do Club: o inconformismo e a teimosía de voar contra o vento; a paixón compartida “xuntos nun só corazón”; o sentimento de pertenza “un sentimento que é branco e azul, que é de sal e vento”; a unidade que representa “sempre ao teu carón” e a transmisión xeracional “nos ollos dos nosos nenos, dende o ceo os nosos avós”.
Unha obra plural, de esencias galegas
O vínculo coa identidade galega e coruñesa tamén é unha das claves do novo himno. No seu proceso creativo, Xoel López rodeouse de formacións e colectivos que son patrimonio vivo da cidade e da cultura galega, reforzando o arraigo da peza.
Participaron Kilomberos de Monte Alto, Xacarandaina, o Coro Infantil Cantábile, a Orquestra Sinfónica de Galicia, Caamaño & Ameixeiras, Belém Tajes e Susana Seivane, entre outros.
Un videoclip que sobrevoa A Coruña
O lanzamento de ‘Voa’ canalízase a través dun videoclip concibido como un percorrido polos lugares máis emblemáticos da Coruña que simboliza o camiño cara a Riazor nun día de partido. Rodado como un plano secuencia, o videoclip propón unha viaxe aérea pola cidade, conectando espazos icónicos como a Mariña, os Xardíns de Méndez Núñez e o propio paseo marítimo. O piloto do dron é David Lougedo (A Coruña, 1985), un dos especialistas máis recoñecidos a nivel internacional, con experiencia en grandes producións audiovisuais como La sociedad de la nieve, Infiesto, Zeta ou Clanes, entre outras. Tamén se destaca a participación de Entropy, empresa especializada en efectos visuais (VFX), animación 3D e postprodución dixital.
A peza mostra a unha Coruña envorcada co seu equipo, acompañando ao Dépor nese voo simbólico “contra o vento”. Ao longo do percorrido, aparecen os distintos artistas e colectivos participantes, así como centos de deportivistas que toman as rúas, convertendo o videoclip nunha celebración aberta e participativa que reflicte a dimensión social e cultural del club.
A narrativa do videoclip acompaña as horas previas a un partido en Riazor: desde os primeiros encontros nos barrios ata a chegada ao estadio, pasando por momentos que combinan tradición, música e vida cotiá coruñesa.
Concebido como unha expresión viva, o himno está chamado a ser cantado tanto en ABANCA-RIAZOR como fóra del, converténdose nun elemento de cohesión para toda a comunidade deportivista.
A primeira vez que se escoitará ‘Voa’ no Estadio ABANCA-RIAZOR será no descanso da LXXXI edición do Trofeo Teresa Herrera, este 12 de agosto de 2026.
Créditos
Músicos
-
- Xoel López: voz principal, coros, guitarras eléctricas, sintes.
- Adrián Seijas: batería, percusións, coros, sintes.
- Julián Seijas: baixo.
- Belén Tajes: voces.
- Antía Ameixeiras: voces e violín.
- Sabela Caamaño: acordeón.
- Cibrán Seixo: violín.
- Brais Maceiras: gaita.
- Susana Seivane: gaita.
- Kilomberos de Monte Alto: percusión.
- Xacarandaina: percusións e coros.
- Orquestra Sinfónica de Galicia: cuarteto de corda, metais e timbais sinfónicos.
- Coro Xuvenil Cantabile: coros.
Produción
-
- Producido por Xoel López e Adrián Seijas.
Gravación
-
- Gravado en Estudios El Jardín Botánico, Estudios Bruar e Estudios Mans.
Corpo técnico
-
- Nicolás Vieites: enxeñeiro de gravación.
- Pete Cunado: asistente de gravación.
- José García: asistente de gravación.
- Javier Justo: asistente de gravación.
- David Greenbaum: enxeñeiro de mestura e mastering.
Letra
Voa
Voa
Voa
Contra o vento
Dépor, voa
E nós ao teu carón
Voa
Contra o vento
Dépor, voa
E nós ao teu carón
La, la, la, la, la, la, la
La, la, la, la, la, la, la
La, la, la, la, la, la, la
Dé!
La, la, la, la, la, la, la
La, la, la, la, la, la, la
Dé!
Se sentes
Bater as ondas
Tremer os muros
Ao teu redor
Colle a miña man e voa
Bater as ondas
Tremer os muros
Ao teu redor
Colle a miña man e voa
Se sentes
Marchar o soño
Medrarei unha ilusión
Eu soñarei por ti
Marchar o soño
Medrarei unha ilusión
Eu soñarei por ti
Nos ollos dos nosos fillos
Dende o ceo os nosos avós
Faro que alumea o mundo
Xuntos nun só corazón
Dende o ceo os nosos avós
Faro que alumea o mundo
Xuntos nun só corazón
Voa
Voa
Contra o vento
Dépor, voa
Voa
Contra o vento
Dépor, voa
Voa
Voa
Contra o vento
Sempre, voa
E nós ao teu carón
Dé
Voa
Contra o vento
Sempre, voa
E nós ao teu carón
Dé
Carmiña, Carmela
Ten un sentimento
Que é branco e azul
É de sal e vento
É de sal e vento
É branco e azul
Ten un sentimento
Que é branco e azul
É de sal e vento
É de sal e vento
É branco e azul
Carmiña, Carmela
Ten un sentimento
Sempre ao teu carón
Ti es orde e es talento
Ti es todo, e ti somos nós
Sempre ao teu carón
Ten un sentimento
Sempre ao teu carón
Ti es orde e es talento
Ti es todo, e ti somos nós
Sempre ao teu carón
Todos nun único canto
O latexo de Riazor
O latexo de Riazor
Voa
Voa
Contra o vento
Dépor, voa
Voa
Contra o vento
Dépor, voa
Voa
Voa
Contra o vento
Sempre, voa
E nós ao teu carón
Voa
Contra o vento
Sempre, voa
E nós ao teu carón
La, la, la, la, la, la, la
FOR!
La, la, la, la, la, la, la
ZA!
La, la, la, la, la, la, la
DÉ!
La, la, la, la, la, la, la
POR!
FOR!
La, la, la, la, la, la, la
ZA!
La, la, la, la, la, la, la
DÉ!
La, la, la, la, la, la, la
POR!
.
-Texto : Xosé Búa “Pirata/RC Deportivo
-Foto e vídeo : RC Deportivo
–