O RC DEPORTIVO PRESENTA A TERCEIRA EQUIPACIÓN :

 

O RC Deportivo presentou a sua terceira equipación ás 19:06 horas. Unha equipación que conserva a bandeira galega na sua parte esquerda e que suma unha cruz azul.

Así nola presenta o clube : Predominantemente branca, coa maior parte dos pequenos detalles en azul marino, a segunda cor que máis destaca é o azul, pero este ano o do Dépor un pouco por encima do da bandeira de Galicia. A insignia da comunidade autónoma, ademais de na parte posterior do pescozo como nas outras dúas elásticas, aparece unha temporada máis no frontal da camiseta reproducindo a súa aplicación no escudo do Club: cortada por unha cruz que neste caso é azul Dépor e que percorre todo o frontal da camiseta. O escudo, de goma sobre o corazón, como no segundo equipamento, e o ommini de Kappa, en azul marino na parte dereita, na posición elevada distintiva de todas as pezas da marca italiana ocupan a parte dianteira superior. O pescozo elástico e redondo en branquiazul, na mesma aplicación que o resto da colección, e o novo símbolo de Estrella Galicia completan a parte dianteira.

As costas son completamente brancas e sobre ela aplícanse, en azul Dépor, o Dorsal, nome, ABANCA e patrocinador persoal de cada futbolista. A camiseta galega, como a bautizou desde a súa estrea o Deportivismo, é unha homenaxe a como esa bandeira acompaña ao escudo do Club desde 1911. Con esta camiseta complétase a colección do Dépor 2021-2022.

A terceira camiseta do Dépor para esta temporada xa está a disposición de todos os Deportivistas nas DéporTiendas físicas e en www.deportienda.es.

 

 

 

 

-Foto : Captura de vídeo do RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es