O RC Deportivo ven de presentar a segunda equipación do equipo. Se a primeira é unha homenaxe a primeira viaxe do equipo branquiazul a terras americanas fai 70 anos, e a que será a terceira a “galega”, unha homenaxe a emigración alén dos mares, a tterceira que presentan, que será a segunda equipación, é unha emulación da “canarinha”, en homenaxe a Bebeto e Mauro Silva, que foron campións do mundo sendo xogadores activos do Depor. Unha fermosa camisola que toma as suas reminiscencias na da Selección do Brasil. Verdadeioramente calquera dos vídeos de promoción das 3 camisetas deportivistas son extraordinarias, cousa dos que xa non están…todo hai que dicilo.
Así a presenta o RC Deportivo :
O segundo equipamento deportivista para esta temporada é completamente amarela con detalles verdes no pescozo, as mangas e unha franxa inferior, ademais de incluír o escudo do RC Deportivo e os logos de Kappa tamén en verde na parte dianteira e as mangas.
O seu deseño emula a mítica camiseta da selección brasileira que gañou o Mundial con Mauro Silva e Bebeto nas súas filas en 1994. Así, na súa parte superior dianteira incorpora un estampado de fondo en amarelo máis escuro, que na camiseta do Mundial de 1994 reproducía o escudo da Confederaçao Brasileira de Futebol, e no caso da versión deportivista é o debuxo da coroa do escudo do Real Club Deportivo.
A parte traseira é tamén totalmente amarela, cos logos de DIGI e ABANCA en verde. As aplicacións de marca nas partes superior e inferior, respectivamente, enmarcan a zona para o nome e o número cunha nova tipografía nunca utilizada ata agora, a RCD Marathon do deseñador galego Rubén Prol.
Na parte interna do pescozo, a camiseta leva un debuxo silueteado en azul e branco de Mauro Silva e Bebeto celebrando un gol sobre o mapa de América. Ademais, inclúe un selo co nome da camiseta, “A DÉ Brasil” e a data 17-07-1994, día no que gañaron a Taça do Mundo.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo