O RC DEPORTIVO PRESENTA A 3ª EQUIPACIÓN “A GALEGA” NO DÍA DE GALICIA.

O RC Deportivo completa a presentación dos seus equipamentos para a temporada 2025-2026 co lanzamento da súa terceira camiseta o 25 de xullo, Día de Galicia. 

Da man de Kappa, principal spónsor técnico do RC Deportivo, esta elástica pon o foco nas raíces, a identidade e o orgullo galego, converténdose no máis coruñés dos tres.

 

 

A camiseta está presidida pola bandeira de Galicia. No azul obsérvanse de novo os mosaicos que forman a Rosa dos Ventos, obra do autor coruñés Tono Correa Corredoira, como no primeiro equipamento. Un emblema profundamente ligado á cidade da Coruña e á cultura celta. 

No terceiro equipamento, o tradicional branco do fondo substitúese por un ton óso suave con detalles dourados. Sobre el sitúanse os diferentes símbolos que conforman a Rosa de los Vientos e representan as nacións celtas: a vieira, Galicia; o trevo, Irlanda; o cardo, Escocia; o trisquel, a illa de Man; o dragón, Gales; o cáliz, Cornualles e o armiño, Bretaña. Ademais da caveira de Tarsis, ligado á figura do rei de Gerión, que completa os oito cuadrantes.

 

Con esta camiseta, o RC Deportivo destaca o valor da súa estreita vinculación con Galicia e reforza a súa identidade atlántica e cultural, convidando os deportivistas a vestir con orgullo os símbolos que definen o vínculo emocional coas súas orixes. 

Xa está a disposición do deportivismo nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR, Marineda City, rúa Real e en www.deportienda.es.

-Fotos e texto : RC Deportivo