O RC DEPORTIVO PRESENTA A 2ª EQUIPACIÓN : “CORAZÓN 95” CO NOME DE TÓDOLOS QUE ACADARON O PRIMEIRO TÍTULO DO CLUBE E DO FÚTBOL GALEGO.

O RC Deportivo vennos de presentar a terceira camistea, que será a segunda equipación trala branquiazul de homenaxe a Copa do Rei do 95, (1ª equipación), e que terá de terceira a da bandeira de Galicia cun “brochazo” na franza azul e agora esta que leva o nome de todos aqueles que acadaron o primeiro título da historia do clube, e o primeiro no fútbol galego profesional. Verdadeiramente calquera das tres camisetas son unha verdadeira marabilla. Sen dúbida as mellores en anos. Aquí tedes a presentación desta última, que poderemos mercar nas Deportendas en breve.

 

 

Corazón’95 será o segundo equipamento do Dépor 20·21, a terceira das pezas, xunto a Pel’95 e Galicia 20·21, dunha colección que hoxe completa a súa presentación pública.

 

 

A poucos días do arranque da temporada que coincide no tempo co 25º Aniversario da consecución do primeiro título da historia do Real Club Deportivo, a Copa do Rei de 1995, preséntase a imaxe da segunda camiseta da temporada 2020-2021, bautizada como Corazón’95 na parte posterior exterior do pescozo, xunto á silueta da Copa, e baixo a lema común de Espírito’95 na etiqueta interior, elemento idéntico para toda a colección de elásticas da temporada.

 

 

A camiseta ten un predominio de cor azul escuro, case negro, con detalles en amarelo. O máis destacado, a banda vertical que percorre a peza desde o ombreiro esquerdo á parte inferior, pasando por baixo do escudo e composta por dous tons de amarelo, o predominante na peza e outro máis tenue co que se compoñen os nomes dos xogadores que formaban parte daquel cadro para a historia dirixido por Arsenio Iglesias.

 

 

Con esta peza complétase a homenaxe que desde o Real Club Deportivo quérese realizar ao deportivismo e, neste caso concreto, ao equipo que protagonizou aquela xesta inesquecible.

 

 

A camiseta complétase co resto de detalles en amarelo como o pescozo en pico e o logo de Macron e ABANCA, así como o resto de elementos, dorsal e nome de cada xogador, que completarán as costas. Tanto debaixo do escudo, coa lenda: “25 aniversario. Campións Copa do Rei 1995” como na cinta elástica interior da parte inferior coas lendas: “CAMPIÓNS 1995 RCDEPORTIVO A Coruña 1906”, todas elas separadas pola silueta da copa, lémbrase o motivo desta colección especial. Os pantalóns que completan o equipamento son completamente amarelos.

 

 

O encargado de lucir por primeira vez a camiseta, que estará dispoñible nas DéporTiendas nos próximos días, é Fran González, protagonista daquel primeiro título do Dépor, e de todos os que viñeron despois, como capitán daquel equipo e o xogador que máis veces na historia, (700), vestiu unha camiseta do Dépor en competición oficial. 25 anos despois de novo vólvese a pór #asnosascores para recuperar o Espírito do 95.

 

-Fotos e Texto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies