O RC DEPORTIVO PECHA POR OBLIGACIÓN AS NOVAS ALTAS CON MÁIS DE 28.000 SOCIOS.

A afección do Depor foi elixida 2 anos a mellor de España.

 

Que o poder do RC Deportivo está na sua afección eso está fora de toda dúbida, a prensa nacional e internacional faise eco e alucina con que un clube que leve sufrido os derradeiros anos e que leve 4 tempadas na terceira categoría do fútbol español sume cada ano máis apoios, pois o de “esta afección nunca se rinde”, “nas malas máis ca nas boas”, etc, etc, cúmprese.

Eu levo 32 anos de socios e cando eran os anos da luz non facía máis ca oir a madridistas resentidos, e cousas similares, que cando baixásemos a Segunda ía a desapuntarse todo Deus, pero a realidade foi outra ben distinta, pois a cousa ainda foi a mellor, e incluso agora se superan anos de Champions, cos 28.020 socios cos que se pechaba ás 12 da pasada noite o periodo para novas altas. Un feito que tivo que facer o clube dado que dos máis de 32.000 asentos que ten Riazor, ten que deixar sen vender a zona da “Xaula”, a esquina antre Preferenza Superior e Pabellón Superior, na que se sitúa a afección visitante, así como os asentos de compromisos do clube con asociacións, fútbol modesto, árbitros, etc…

Agora queda aberto ata o 29 de Setembro a posibilidade de que os socios que ainda non renovaron o seu carnet o fagan, para logo pechar definitivamente a campaña de socios. O clube para poder ter entradas a venda dará a opción de que o que non vaia a algún encontro poida ceder o seu asento e rebaixaraselle o carnet da vindeira tempada no 50% do custo da entrada do encontro que ceda a localidade. A primeira manobra neste eido será o seguinte encontro en Riazor contra o “Patatillas FC” de Vigo.

Non só arrasa en canto a msocios o RC Deportivo no que se refire a Riazor, senón que segun o INE, (Instituto Nacional de Estatísticas), un 45% dos galegos son afeccionados do clube branquiazul, e agora mesmo 1 de cada 97 galegos é socio do clube. Entrando ademáis no 2Top 10″ de clubes con máis socios en España, superando a moitas cidades de maior número de habitantes ca Coruña. Tamén hai que lembrase dos socios que son de fora de Galicia, ou que están fora de Galicia por motivos laborais ou persoais, así como decir que como xa explicou o clube, “No número de socios non entran as mascotas”, pois a parte desto todo aquel que quer facer socio/a a sua mascota pode facelo, así coma os nenos recén nados.

Depor-Cornellá hoxe en Riazor

Hoxe a partires das 20:00 horas terá lugar o encontro da 5ª xornada en Riazor. O Cornellá visita Riazor, onde os de Idiakez tentarán de achegarlle aos afeccionados a primeira vitoria no noso feudo, tras dous empates nos que o equipo mereceu moito máis. O choque comezará a partires das 20:00 horas, (18:00 GMT).

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”.