O RC DEPORTIVO NA PROCURA DE CREAR UNHA PLATAFORMA PARA A RECOLLIDA DE ENTRADAS DE MANEIRA DIXITALIZADA E EVITAR AS COLAS.

 

 

O malestar creado antre os socios polas longas colas para a recollida de entradas ates do econtro de Riazor da primeira xornada de liga, motivou que o clube tivese que sacar un comunicado pedindo disculpas e estudar a maneira de que non pase de novo. 

A Federación de Peñas do RC Deportivo mantivo unha xuntanza con responsables do clube e fíxolles chegar este malestar denunciado por parte dos socios e asimesmo polos socios que non son da Coruña, que representan máis da metade, e que teñen problema de poder desprazarse para recoller as entradas en tmpo e forma.

Dende o clube dixéronlle aos representantes da Federación de peñistas que preside Luis Martínez que: “entenden ditas queixas e que están traballando niso. Non saben se estará para o seguinte partido, pero estan buscando solucións que pasan por dixitalizar e crear unha plataforma para adquirir as devanditas entradas”

Dende os peñistas tamén lles trasladaron a idea de que modifiquen o criterio para o cambio de bancada e dende o clube apuntáronlles que : “é algo que estudiarán”.

Outro sentir dos peñistas que lle trasladaron ao RC Deportivo foi sobre a prioridade das entradas para o seguinte partido de liga no caso de que poida haber público, que é que : “as persoas que non puideron recollelas no primeiro partido de liga polas restricións impostas por sanidade puidesen recollelas para este”.

Agora a pelota está no tellado do clube que atendeu cordialmente aos representantes da Federación de Peñas a espera que se arranxen estes problemas en beneficio de todos.

O 31 remata o prazo de cotas anuais e entrega de listados de peñas

O vindeiro sábado 31 de Outubro remata o  prazo de pagamento das cotas de socios da Federación de Peñas do RC Deportivo, así como o prazo para a entrega do censo de peñistas. O censo debe enviarse en formato Excell a Federación de Peñas, houbese ou non cambios na penña. A cota deste ano é de 20€, a metade dos tempos “normais”, que se debe de ingresar no número de conta ES69 2080 0058 1730 0007 7832.

Nas primeiras semanas de Novembro a Federación de Peñas comezará a realizar os carnés de peñistas desta tempada. Só faranse unha vez polo que todas as penñas que non entreguen os datos dos seus peñistas antes do 31 de Outubro non terán carnés. Dende o ente fedrativo deportivista avisarán en tempo e forma para proceder á entrega e recollida dos mesmos.

-Foto e Texto : piratasdemuxia