O RC DEPORTIVO LÉVASE OS DOUS TERESA HERRERA, O DOS HOMES CHEO DE EMOTIVIDADE.

 

O Depor goleaba a un descafeinado Bragantino por 4-0 con goles de Barbero, (2), Davo e José Ángel, este de penalti lanzado de maneira espectacular. Pola sua banda o Deportivo Feminino derrotaba ao CD Alavés Gloriosas por 2-0 con goles de Paula Guitiérrez e Eva Dios.

No LXVIII Teresa Herrera o principal non estivo na goleada senón na despedida de Álex Bergantiños no minuto 21, representando ás 21 tempadas que estivo no clube, e na homenaxe a Bebeto e Mauro Silva. O Depor xogou ca do Brasil, a camiseta en homenaxe a Bebeto e Mauro ante 16.127 deportivistas, sendo o trofeo con máis asistentes dos derradeiros tempos.

 

 

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”