O RC DEPORTIVO LÉVASE O “XII TROFEO ALEVÍN F11 CONSERVAS CALVO” O DERROTAR AO C.VIGO NA FINAL”

A ledicia dos deportivistas ca copa.

 

Esta tarde celebrouse a final do XII Torneo F11 Alevín Conservas Calvo disputada entre RC Celta e RC Deportivo. Un partido que rematou con empate a dous e que se decidiu na tanda de penaltis. Púxose por diante o Depor cun tanto en propia meta (28′) e logra o empate Jurgen Sobral ao tres minutos.

Na segunda metade o Celta pónse por diante cun gol de Ngoo Essam (38′). Non foi ata o minuto 56 cando o Deportivo anota o tanto definitivo do empate.

Na tanda de penaltis impúxose o Deportivo por catro goles a tres, proclamándose así campión desta edición do noso Torneo F11 Alevín Conservas Calvo.

 

O presidente do Bergantiños FC, Chano Calvo, entregoulle o trofeo a José Quiroga, capitán dos deportivistas.

 

Fixo entrega do trofeo ao subcampión, RC Celta da man do seu capitán Nico, o Vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar.

 

 

 

 

O muxián Raúl Lema ca copa.

 

-Fotos e Texto : Comunicación Bergantiños FC

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies