O RC DEPORTIVO INVITA A TÓDOLOS NENOS E NENAS E AS INSTITUCIÓNS DA CORUÑA AO DOBRE ENCONTRO DO SÁBADO CO PRIMEIRO EQUIPO E AS FÉMINAS COMO PROTAGONISTAS.

 

O Real Club Deportivo quere converter de novo a xornada especial dobre de fútbol do vindeiro sábado en ABANCA-RIAZOR nunha gran festa para toda a mocidade da cidade coincidindo cos partidos do Dépor (17:00 horas, (15:00 GMT), Tudelano) e Dépor ABANCA (DUX, 19:00 horas, (17:00 GMT)), especialmente neste segundo no que As Nosas precisan do apoio de todo o Deportivismo para achegarse á permanencia.

Por iso, a través da Fundación RC Deportivo, todos os colexios e institucións sociais da cidade están convidados a acudir a ABANCA-RIAZOR o sábado 14 de maio a partir das 17:00 h. e até as 21:15.

Co obxectivo de impulsar os valores positivos do fútbol, a Fundación RC Deportivo quere que a xornada fubolística sexa outra vez unha experiencia especial para os nosos mozos e para todas as institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde, solidariedade e deporte na nosa comunidade. Todos os colexios e ONG’s que queiran estar en ABANCA-RIAZOR só teñen que dirixirse á Fundación RC Deportivo para solicitar as súas invitacións.

Atenderanse todas as solicitudes recibidas antes do xoves 12 de maio ás 12:00 horas na dirección de correo electrónico fundacion@rcdeportivo.es incluíndo os seguintes datos:

– Razón social da entidade
– Domicilio Social
– Obxecto social (colexio, fundación…) e fins nos que traballa
– Nome completo da persoa responsable da xestión das entradas
– Correo electrónico da persoa responsable que recibirá as entradas
– Teléfono de contacto
– Número de entradas que se solicitan

Unha vez recepcionadas todas as peticións, a Fundación RC Deportivo confirmará a dispoñibilidade das invitacións, que deberán ser descargadas para o seu uso.

-Foto e Texto : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies