O RC DEPORTIVO INSCRÍBESE NA 2ª DIVISIÓN E NA 2ª B A ESPERA DA SOLUCIÓN O “CASO FUENLABRADA”

 

Para cubrirse as espaldas no caso de sexa cal sexa a resolución do “Caso Fuenlabrada”, o RC Deportivo inscribeuse no día de onte na 2ª División e na 2ª B. O máis normal e por tódalas neglixencias que cometeu sería que o Fuenlabrada fose descendido e que o seu lugar fose ocupado polo Depor, habida conta de que é o cuarto pola cola.

Continúan dende LaLiga e Funlabrada a soltar comunicados, querellas e demáis bulos polas redes e nos medios de comunicación para emporcar máis a situación e buscar a salvación do equipo madrileño. Moitos destes bulos xa caen aos poucos de ser soltados polas redes, pero como é normal nesta extratexia, algo sempre queda na opinión púbrica, en especial na que ve o problema causado por madrileños e LFP dende lonxe.

Onte era Paco González da Cope o que desvelaba un audio manipulado no que o xuiz instructor presionaba (supostamente), ao médico do Fuenlabrada no interrogatorio sobre o acaecido nos días previos o encontro que se debía xogar o 20 de Xullo. Un audio que extenderon polas redes outros pseudo-xornalistas e panfletos madrileño, que poñía un pequeno retazo sen deixar oir o anterior e o posterior o mesmo. Non lle sobraba tempo ao galeno madrileño en borrar tódolos seus Twitts da sua conta, todos eles decindo todo o contrario do que querían facer crer o que decían dende a Cope e outros medios que traballan para a LFP, emitindo mentiras e máis mentiras.

O “Caso Fuenlabrada” vaise extender no tempo pois aos 10 días de alegacións que deu a RFEF aos clubes, tras propoñer o descenso administrativo do clube madrileño, por “causas moi graves”, dilatarase ata o derradeiro día, e logo viran os recursos e a xustiza ordinaria, todo esto tendo en conta que se contaba con comezar a competición o 12 de Setembro, o que sería imposible. Feito polo que dende o RC Deportivo pedirán a paralización do comezo cautelarmente ata que se aclare todo o lío.

Outro problema será a confección da plantilla, pois, non saber en que liga se xogará ten paralizadas as fichaxes para a vindeira tempada. Todo esto acabaría se houbese unha decisión polítia, pero o Consello Suprior de Deporte segue calado dende que se desmarcou criticando a LFP e o Fuenlabrada pola maneira de actuar co viaxe do equipo madrileño a Coruña con contaxiados.

A afinidade de Javier Tebas familiar e económica co Fuenlabrada fai que este asunto se dilate, se emporque de novas inviresímiles, cando se se tratase de calquer outro club se tería tomada a decisión na primeira semana, por “neglixencias gravísimas”, pero o lema é que, “hai que salvar o Fuenlabrada como sexa”.

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es