O RC DEPORTIVO HOMENAXEOU A JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ, “HISTORIA DO RC DEPORTIVO CON 50 ANOS DE EMPREGADO DO CLUBE”.

Intre no que José Manuel recibe a homenaxe do clube.

 

Na tarde-noite de onte o RC Deportivo facía en Palexco a entrega das enseñas de prata a 340 socios do clube, un acto emotivo e de recoñecemento, pero o gran intre da velada foi a entrega a José Manuel Rodríguez Barbeito a entrega da enseña e o carnet de ouro do clube.

Él non sabía nada do que ía a pasar, foi acompañando aos seus compañeiros do apartado das taquillas do clube, e cal foi a sua sorpresa cando foi chamado por Paco Lodeiro, que foi o encargado de levar o acontecemento, para que sbise o estrado, onde lle foi entragada por parte do presidente Antonio Couceiro a enseña e o carnet de ouro do clube.

José Manuel Rodríguez comezou con 15 anos no RC Deportivo, cáseque a metade dos anos que ten a entidade i é xunto con Lisardo os dous empregados con máis anos traballando nas filas branquiazuis, con medio século nas mesmas. Toda unha vida adicada o clube.

Sen dúbida, José Manuel, “O da Marina”, ou “O das taquillas”, como é coñecido por milleiros de socios branquiazuis, (o primeiro por cando as oficinas estaban na Avenida da Marina), é sen dúbida o home que mellor coñece o RC Deportivo dende dentro, dende alá polo ano 70. Unha persoa moi querida por todos aqueles que o coñecemos, e aos que atendeu nese medio século de traballo para o RC Deportivo e para o deportivismo.

“Vaia dende aquí como amigo, deportivista, e peñista do RC Deportivo, o meu e o noso agradecemento e a maior das noraboas, por todo canto fixo polo noso clube e por todos nós”.

-Foto e Texto : piratasdemuxia