O RC DEPORTIVO FICHA O EXTREMO DO EXTREMADURA, RUNY PARA O FABRIL.

 

Ainda que o RC Deportivo non oficializou a fichaxe, varios medios de información aseguran que o clube branquiazul fichou ao extremo do UD Extremadura, Víctor Manuel Castaño, “Runy”, (Hornachos, Badajoz; 2000) .

Xogador que se desenvolve no interior dereito e que xa debutou no primeiro equipo extremeño da man do galego, Manuel Mosquera, ademáis de ter xogado 13 encontros no filial da 3ª División. Chegará para xogar no Fabril de Manuel Pablo que conta con tan só 17 xogadores inscritos como futbolistas de seu.

Así se despedía de Rny oi clube extremeño nas redes sociais : “El Extremadura UD anuncia la baja del joven Víctor Manuel Castaño, “Runy”, quien ha decidido desvincularse del club azulgrana. Desde el club deseamos al jugador la mejor de las suertes en su próximo proyecto deportivo. ¡Suerte, Runy!”.

 

O Fabril empata coa SD Compostela, (1-1).

Xa na recta final da pretemporada, o Fabril recibiu esta tarde en Abegondo á SD Compostela no primeiro dos dous amigables previstos para esta semana fronte ao conxunto santiagués.

Óscar Gilsanz deu minutos a todos os convocados nun partido no que o filial branquiazul deu a talla (1-1) ante un rival de superior categoría, concretamente de 2ª RFEF.

David Martínez ‘Davo’ adiantou ao Fabril na primeira parte e empatou o Compos tralo descanso.

.

-Foto : lossantosdemaiona.hoy.es

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies