O RC DEPORTIVO FICHA A ALBERTO RETUERTA DO REAL MADRID CASTILLA.

 

Paradoxas do fútbol, o ex deportivista Noel López foise o Real Madrid Castilla, sen siquera despedirse da que foi a sua casa dende benxamín, e agora chega fichado un canteirán do Real Madrid Castilla, Alberto Retuerta, tal e como comunica o RC Deportivo. O equipo madrileño será rival do Depor esta vindeira tempada.

Alberto Retuerta Cuadros, (Madrid, 1 de xaneiro de 2002), o RC Deportivo e o Real Madrid chegaron a un acordo para que o futbolista madrileño sexa propiedade do Dépor as dúas próximas temporadas, con opcións futuras.

Retuerta actúa como lateral esquerdo e chega procedente do filial do Real Madrid, club ao que pertencía desde que se incorporou ao seu Alevín B en 2012. Con anterioridade, o futbolista madrileño deu os seus primeiros pasos no CD Vicálvaro (2007-2010) e o Rayo Vallecano (2010-2012).

O novo xogador branquiazul, que hoxe se unirá aos adestramentos do equipo, disputou as dúas últimas campañas na categoría de bronce do fútbol nacional co Real Madrid Castilla, a primeira delas alternándoo co xuvenil A madridista. En ambas acumulou 21 encontros, 19 deles como titular, ademais de 1, tamén de inicio, no playoff de ascenso a Segunda División.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es