O RC DEPORTIVO EXIME AO BERGANTIÑOS CF DO PAGO DOS GASTOS DE RIAZOR, (Capítulo 3) :

O Bergantiños CF viveu un día histórico en Riazor.

 

No día de onte anunciábamos con grande xúbilo que esta nova diretiva do RC Deportivo sí que sab´ñia estar en cousas que son moito máis do que parecen. Se os “outros” meteron a pata ata o fondo ao primeiro denegar a utilización do “Estadio de Riazor” por parte do Bergantiños CF, no encontro histórico da Copa do Rei ante o Sevilla CF, e logo retificaron pola presión dos socios e afeccionados, desta volta, (como comezábamos decindo), a diretiva avtual e por total unanimidade decideu eximir do pago dos gastos de Riazor ao equipo carballés. Totalmente dacordo como socio e accionista do clube.

O Bergantiños CF mandábanos onte unha nota que facíamos púbrica na que se congratulaba de que o equipo deportivista os eximise dos gastos da copa no recinto coruñés. Minutos despois outra nota do clube bergantiñán falaba de que fora “un erro e pedimos desculpas”.

A realidade é boa para todos, e así é que o RC Deportivo non cobrará polos gastos que acarreou abrirlle as portas do seu estadio aos afeccionados carballeses, e moitos deportivistas, o malentendido ven da man de que o clube deportivista quería que fose unha cousa que quedase antre os clubes, cando consideramos que estas cousas débense saber, para amosar a unión antre o noso fútbol.

Así nolo explican dende o RC Deportivo e así llo fixeron saber o clube de Carballo : “Ao fío da nota e posterior rectificación do Bergantiños CF sobre a asunción dos custos da celebración do partido de Copa no Estadio ABANCA-RIAZOR, o Real Club Deportivo quere aclarar o seguinte: – Efectivamente, o Real Club Deportivo exime ao Bergantiños CF do pago dos gastos que supuxo a utilización do Estadio para o partido de Copa do Rey #ante o Sevilla FC, por acordo unánime do seu Consello de Administración. – A confusión vén dada porque non era vontade do Real Club Deportivo dar maior transcendencia nin publicidade a este xesto cara a un club amigo. Deportivo e Bergantiños son dous dos grandes polos de atracción futbolística, tanto a nivel competitivo como formativo das súas zonas de influencia e, por esta razón, o Consello de Administración do Real Club Deportivo valorou e aprobou unanimemente ter este xesto co equipo carballés”.

 

-Foto : Sevilla CF

-Texto : piratasdemuxia.es

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies