Onte co vídeo de intriga que pubricou o clube saltaron as suspicacias, será ás 19:06 o anuncio da renovación de Ximo Navarro ou será a presentación da primeira equipación coa esrea de Nike como responsable de facelas, un contrato que irá ata o 2031, pero xa pola noitiña, 8ainda día pero si por horario), o clube anunciou a renovación de Ximo, entón todo Deus apuntaba a presntación da nova pel para a Primeira División, e así foi, pero “alguén” filtrou o deseño da nova indumentaria, ben e certo que desde primeiras horas da mañán apareceron numerosos modelos feitos por IA, pero xa contra as derradeiras horas antes da 19:06 saltou a palestra a que presentaría o clube.
O RC Deportivo presentou oficialmente a súa primeira equipación para a temporada 2026-27, unha camiseta que simboliza o inicio dunha nova etapa en Primeira División e que supón tamén o comezo da alianza coa multinacional Nike. A nova elástica mantén a esencia branquiazul do club, pero incorpora novidades tanto na súa imaxe como nos seus elementos identitarios.
Segundo explica a entidade, trátase dunha camiseta “pensada para representar o orgullo de todo o deportivismo”, que será ademais a primeira na que o primeiro equipo luzirá o escudo renovado do club, adaptado á denominación oficial da cidade, A Coruña.
O escudo aparece agora bordado sobre a camiseta, un acabado que, segundo o Deportivo, “achega un acabado de maior calidade e realza un dos principais símbolos da identidade deportivista”.
No apartado estético, o deseño conserva as tradicionais raias verticais branquiazuis, aínda que incorpora o novo ton de azul da identidade visual recentemente presentada polo club. A equipación complétase con detalles en prateado no logotipo de Nike e nos distintos acabados da peza, mentres que o patrocinador principal, Estrella Galicia, intégrase “de forma harmónica” para ofrecer unha imaxe “limpa e equilibrada”.
Unha homenaxe aos 120 anos de historia
A nova camiseta tamén serve para conmemorar unha data moi especial na historia da entidade. A equipación incorpora unha etiqueta específica do 120.º aniversario do RC Deportivo, un detalle que, segundo o comunicado, rende homenaxe “a máis dun século de historia, paixón e sentimento compartido” e reforza “o carácter conmemorativo da camiseta”.
A Torre de Hércules, protagonista da presentación
O lanzamento realizouse mediante unha peza audiovisual gravada na Torre de Hércules, un dos grandes símbolos da cidade. No vídeo participan Miguel Loureiro, Eva Dios e Samu, representantes do primeiro equipo masculino, Dépor ABANCA e Dépor Fabril, respectivamente.
Na historia, os tres futbolistas protagonizan unha misión na que conseguen “hackear” a luz do faro para emitir en código morse unha mensaxe que anuncia ao mundo a chegada da nova equipación e o inicio da nova etapa do club xunto a Nike.
O Deportivo destaca que, “dende o faro máis antigo do mundo en funcionamento, a luz que durante séculos guiou a quen chegaba á costa galega convértese agora no primeiro gran altofalante da nova era branquiazul”.
A presentación péchase cunha declaración de intencións por parte da entidade: “despois de 120 anos sen dar nada por sentado, o RC Deportivo segue a crer que a mellor forma de comezar unha tempada é desafiando o previsible”.
Con esta primeira equipación, o club asegura que “Nike e o RC Deportivo inauguran un camiño compartido que mira ao futuro sen renunciar á identidade que acompañou o Club durante máis dun século”. Unha camiseta que nace “para volver. Pero, sobre todo, para chegar máis lonxe”.
–
-Información e fotos : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”