O RC DEPORTIVO ESGOTA AS MASCARILLAS CO ESCUDO DO CLUBE, QUE ESTARÁN DE NOVO A VENDA EN POUCOS DÍAS.

 

Todo un éxito as mascarillas lavables que sacou o RC Deportivo co escudo do equipo que a pesares do seu prezo, (por enriba dos 8 euros), esgotáronse en poucos días. Vese que o deportivismo tamén quer lucir nesta pandemia para a sua protección o sentimento por un equipo e unhas cores.

As máscaras de protección estarán de novo a venda en poucos días, tan pronto reciba o clube a nova remesa de milleiros de unidades, que de seguro que pronto se volverán a esgotar.

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.