O RC DEPORTIVO ENVÍA UNHA CARTA A LFP E AOS CLUBES POLO USO INDEBIDO DE RECURSOS DOS CLUBES EN BENEFICIÓ DE UN, O FUENLABRADA.

O RC Deportivo enviou unha carta a LFP e aos clubes que a compoñen denunciando o uso de recursos de tódolos clubes en beneficion de un, o Fuenlabrada. 

Dende o clube branquiazul preguntan : cantas probas, peritaxes ou calquera outro tipo de acción custeáronse e promovido desde LaLiga para defender os lexítimos intereses do resto de clubs asociados implicados e non do Fuenlabrada?…Non será o máis apropiado absterse por completo de calquera acción e así non beneficiar nin prexudicar a ningún dos asociados en detrimento de outros?…Existe algún interese máis aló de que o conflito se resolva de maneira xusta e de Dereito para todos os clubs membros e implicados?…Que se pretende conseguir atacando de forma constante e arbitraria a algúns dos clubs que unicamente estamos a defender o que consideramos xusto?…Que leva a cruzar liñas vermellas como a humillación de que LaLiga denuncie ao capitán de Deportivo, Álex Bergantiños, e envíe á Policía Xudicial á nosa cidade en menos de 12 horas para detelo nunha actuación na que unha xuíza non só non ve indicios de delito, senón que acaba reprendendo a desmedida actuación policial por “unha mera estratexia dos clubs, que o único que provocan é desperdiciar recursos públicos en asuntos sen relevancia”.

Dende o clube piden que se “solucione canto antes este asunto” e di que : “si se está defendendo ao CF Fuenlabrada por todos os medios posibles. Si se está deixando na máis absoluta indefensión desde LaLiga ao Real Club Deportivo e a outros clubs membros”. E subraian que “nen se está a defenderse á competición nin a súa integridade xa que o pasado día 20 de xullo produciuse unha adulteración flagrante da mesma. Non se atendeu á Circular 93 da RFEF que obriga a disputar as dúas últimas xornadas en horario unificado para velar pola igualdade competitiva dos clubs e a integridade da competición. Cometeuse unha infracción moi grave recollida no art. 76.1. a) da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do Deporte. E ninguén fixo nada desde entón por emendar o erro sen causar máis danos”.

Tamén manda Vidal un “aviso a navegantes : “Esta vez tocounos ao Dépor e varios clubs máis, pero os protagonistas ben poderiades ser calquera de vós. Sabemos que hai voces caladas ata hoxe que non comparten esta liña de actuación de LaLiga. Unha institución que formamos entre todos e á que se lle está causando un dano que non nos sairá gratis a ningún”.

Tamén se denuncia na carta o abuso de autoridade de Javier Tebas e as, ” Claras mostras de abuso de autoridade, están a deixar moi tocada a imaxe da industria do fútbol en España e desta organización que, lembren, non é de ninguén en particular, aínda que algúns parece que queiran apropiarlla. Seguro que dentro doutros 40 anos seguirá existindo e ningún de nós estará xa en ela”.

Para rematar o presidente deportivista pique que se resolta todo a maior bervidade e que non se perxudique a “quen non cometeu ninguún tipo de irregularidade en ningún ámbito”.

Unha carta asinada polo presidente deportivista e a cal apoiamos totalmente cos seus puntos e as suas comas.

A CARTA O COMPLETO

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : RC Deportivo/Fernando Vidal